HomePontevedraPoioA concellería de servizos municipais acomete a renovación das papeleiras do casco...

A concellería de servizos municipais acomete a renovación das papeleiras do casco histórico de Combarro

- Anuncio -spot_img

• O concelleiro responsable deste departamento, o socialista Julio Casás, apunta que os novos recipientes son máis ecolóxicos cos actuais

• Os operarios municipais están a renovar este tipo de mobiliario en diferentes puntos do concello

O concelleiro de Obras e Servizos Municipais, Julio Casás (PSdeG-PSOE), informa que nos vindeiros días o Concello procederá á substitución das papeleiras do casco histórico de Combarro. Segundo explica o edil do Goberno local, o emblemático núcleo da vila pasará a contar grazas a esta actuación cunha serie de novos recipientes máis ecolóxicos e de carácter reciclable. Deste xeito, “ademais de continuar apostando pola renovación do mobiliario, tamén consolidamos a nosa aposta pola sustentabilidade”, recalca.

Casás Barral lembra que desde o departamento de Servizos Municipais xa se levan varias semanas traballando na revisión, reparación e substitución de papeleiras en diferentes puntos do municipio. Hai unhas semanas procedeuse, precisamente, á renovación dos recipientes situados ao longo do paseo de Lourido, así como nas inmediacións da praia.

O concelleiro socialista sinala que, se ben os operarios municipais pasan revista de xeito periódico ao mobiliario, “a colaboración da cidadanía é moi importante e agradecémola profundamente”, polo que anima á veciñanza a utilizar a ferramenta Liña Verde para avisar ao Concello en caso de detectar algún desperfecto.

Con respecto á actuación a desenvolver no casco histórico de Combarro, Julio Casás incide na importancia de que efectuar estas tarefas antes da chegada da tempada estival. “Somos conscientes de que Combarro é un dos grandes referentes turísticos de Galicia, polo que traballamos para mantelo nas mellores condicións”, sinala. Precisamente, está previsto tamén que a vindeira semana a empresa responsable do tratamento do lixo, Valoriza, proceda a realizar unha limpeza específica e baldeo das rúas deste enclave.

Publicacións Relacionadas