Home Pontevedra A Lama A conselleira de Política Social e o alcalde visitan este luns o...

A conselleira de Política Social e o alcalde visitan este luns o remate das obras do Fogar Residencial e Centro de Día para Maiores da Lama

- Anuncio -

Unha vintena de persoas poderán ser beneficiarias deste centro de iniciativa municipal que conta coa axuda da Xunta.

A conselleira de Política Social, Fabiola García Martínez, e o alcalde da Lama, Jorge Canda Martínez, visitarán oficialmente este luns o remate das obras do Fogar Residencial e Centro de Día para Maiores da Lama que cun investimento de preto de 500.000 euros foi construído por iniciativa do Concello e que conta coa axuda económica da Xunta de Galicia.

Este acto oficial, que terá lugar o vindeiro luns 30 de xaneiro a partir das 11:30 horas, consistirá nunha visita ás instalacións recén rematadas, ubicadas na rúa Miguel Carbajal, e que ocupan unha superficie útil duns 300 metros cadrados.

A infraestrutura xerontolóxica contén dous espazos diferenciados: un para a vivenda residencial e outro para o centro de día. O reservado para vivenda residencial estará dotado de habitacións con baño incorporado, e a área dedicada ao centro de día inclúe un comedor, unha sala polivalente, unha cociña e outras instalacións necesarias para o seu funcionamento.

Esta actuación, impulsada polo Concello da Lama supón un avance decidido na atención ás persoas maiores no municipio. O centro será de titularidade pública aínda que a súa xestión será externalizada a través dun concurso público aberto que permitirá poñelo en funcionamento o máis axiña posible.

ACTO PÚBLICO ABERTO Á VECIÑANZA

O acto será público e aberto á veciñanza en xeral que poderán achegarse ata o novo edificio para coñecer as súas dimensións e posibilidades así como o modelo de funcionamento promovido desde o Concello da Lama.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas