Home O Condado Mondariz A Consellería de Medio Ambiente pon a exposición pública o parque empresarial...

A Consellería de Medio Ambiente pon a exposición pública o parque empresarial da Lagoa, en Mondariz

- Anuncio -

Montes Bugarín presenta alegacións para conservar o parque forestal creado no mesmo lugar en 2019,onde se investiron máis de 59.000 euros

A Modificación puntual núm.2 do Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais de Galicia xa está en marcha. Esta iniciativa da Xunta de Galicia e do Concello de Mondariz descarta o parque empresarial que o goberno galego programou no seu día na Chan de Cairón (Gargamala). No seu lugar preténdese crear un novo parque empresarial no Parque Forestal da Lagoa, na parroquia de Mondariz, un espazo de elevado valor ambiental, forestal e deportivo que acolle dous campos de fútbol e unha escola de hípica. O período d einformación pública da Avaliación Ambiental Estratéxica por parte da veciñanza remata o 25.08.2021e pódese facer na páxina web da Consellería de Medio Ambiente 1.

En 2019 a Comunidade de Montes e o Concello de Mondariz decidiron crear no monte
da Lagoa un Parque Forestal de 58 hectáreas que, segundo a Deputación de Pontevedra, tiña como obxectivo “desenvolver o potencial do monte para levar a cabo actividades de sendeirismo e paseo sen bicicleta e acabalo, xa que existen elementos suficientes de atracción para crear un lugar de lecer. Así mesmo, apostarase por darlles aos terreos un uso multifuncional con aproveitamento económico baseado na produción de madeira,de leña,cogomelos e froitos”. Na realización destes traballos investíronse 59.625€, dos que47.700€ foron achegados pola Deputación de Pontevedra.

Ademais dentro do parque forestal actual existen dous nacentes de auga que se utilizan para consumo humano,unha circunstancia de especial relevancia en Mondariz durante o verán, que ten problemas de abastecemento de auga potable. Alternativas á Lagoa Porto disto o noso grupo apoia a creación dun parque empresarial en Mondariz, pero non no Parque Forestal da Lagoa, senón noutro lugar ben comunicado e carente de valores ambientais, deportivos es ociais. Ao noso xuízo, este parque empresarial debería situarse nas inmediacións da N-120,preferentemente nas parroquias de Meirol (no monte comunal) ou Vilasobroso (no ámbito do antigo serradoiro),ou ben en Faxilde,ábeirada PO-262 Mondariz-Vilasobroso.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas