Home Pontevedra A contorna da Casa do Concello será un novo núcleo de centralidade...

A contorna da Casa do Concello será un novo núcleo de centralidade en Soutomaior

- Anuncio -

O proxecto prevé a humanización de toda a contorna e a inclusión de elementos de mobiliario urbano como bancos e árbores.

A contorna da Casa do Concello será o novo núcleo de centralidade desenvolto polo Goberno de Soutomaior, tal e como anunciou este martes o alcalde Manu Lourenzo. Esta nova praza a carón da Casa Consistorial sumarase ao núcleo de centralidade  da carreira dos bolos do barrio da Pedreira, que nestes momentos se atopa nas fases finais da obra e que nas vindeiras semanas estará rematado.

En concreto, o Goberno de Soutomaior levará a cabo a humanización de toda a beirarrúa situada fronte ao edificio municipal, así como o espazo que dá acceso ao salón de plenos desde o exterior da Casa do Concello e que pasará a ser unha praza. Ademais, tamén se incluirán elementos e mobiliario urbano, como bancos e árbores, que fagan máis amable o ámbito e poñan en valor a arquitectura do edificio orixinal da Casa Consistorial.

Aproveitando a construción desta, o proxecto, que foi redactado polo estudo de Cendón-Vázquez arquitectos, tamén prevé o arranxo do salón de plenos para que se poidan desenvolver nel nas mellores condicións as sesións plenarias e doutros actos institucionais como poden ser as vodas civís.

O Goberno de Soutomaior traballa agora para conseguir o financiamento necesario para desenvolver este proxecto e agarda comezar co procedemento de licitación nos vindeiros meses, de cara a que antes de rematar 2025 a nova praza xa estea lista para o uso e desfrute dos veciños e veciñas de Soutomaior.

Neste sentido, o alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, sinalou que “esta actuación encádrase na folla de ruta que estamos seguindo para vertebrar os barrios do noso concello e crear núcleos de centralidade humanizados en cada un deles”. Lourenzo sinalou que exemplo desta folla de ruta son os núcleos de centralidade xa construídos na Praza da Aldea, en Arcade de Riba, e na Pedreira. Estamos levando a cabo o modelo que levan anos aplicando noutros concellos como Tomiño e Allariz e que á vista está que tan bos resultados dá”.

A creación destes núcleos de centralidade, ademais de vertebrar os barrios do concello, tamén pon en valor o patrimonio urbanístico tradicional do concello de Soutomaior. Así, o alcalde Manu Lourenzo sinalou que “temos un concello marabilloso, cunhas posibilidades infinitas, e con estas actuacións estamos a dar o lugar que se merece aos espazos rurais e urbanos do noso concello, co obxectivo de que estean á altura do que merece a nosa veciñanza”.

Relacionadas

Rafa Domínguez visita no Museo Reino Sofía a exposición sobre o ‘Esperpento’ ideado por...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, visitou este martes no Museo Reino Sofía de Madrid, onde se atopa como parte da delegación...

A Xunta destina máis de 300.000 euros para o reforzo da atención a maiores...

0
O Executivo galego investiu máis de 134.000 euros para a adquisición dun vehículo e a realización de melloras no centro de día e no...

Diego Rosal, elexido novo Responsábel Local do BNG de Meaño

0
O BNG de Meaño ven de celebrar o pasado Luns na Casa de Cultura de Dena en Asamblea Local, a elección do novo Consello...

A Audiencia Nacional falla a favor do Concello de Tui na reclamación da cantidade...

0
O Ministerio de Interior deberá aboar a totalidade dos 1.276.709,34 € O Ministerio do Interior deberá aboar 1.276.709,34€ ao concello de Tui en concepto de...

A Andaina solidaria de Montes e Praias de Marín cumpre 10 anos

0
A proba foi presentada esta mañá desde un dos puntos máis bonitos do percorrido, o banco da Teoira. A actividade, que se celebrará o...

O parque de bombeiros de Ponteareas asiste en preto de novecentas intervencións

0
O parque de bombeiros do Concello de Ponteareas pechou un ano a pleno rendemento cun saldo de 881 intervencións a 31 decembro. Dezaeis profesionais...

Publicacións Relacionadas