HomeA ParadantaA CañizaA Copa de Galicia de Pumptrack da Cañiza foi todo un éxito

A Copa de Galicia de Pumptrack da Cañiza foi todo un éxito

- Anuncio -spot_img
No dia de onte celebrouse na Cañiza a primeira proba da Copa de Galicia de Pumptrack, unha modalidade con gran auxe a nivel nacional e internacional e que agora comeza a poxar forte en Galicia.
Da man de varios Clubs Ciclistas galegos, a Federación lanzou este ano a Copa de Galicia de Pumptrack que se compón de 4 probas, sendo a celebrada na Cañiza a inaugural.
O dia comezou cos adestramentos das categorías inferiores, onde a participación da proba foi mais grande, seguidamente continuaron os maiores, onde se puido comprobar o gran nivel que temos en Galicia.
O a proba puidemos constatar deportistas de gran renome como Saúl Vilar ou Sergio Veiga, asi como tamén corredores internacionais vindos desde Francia como Maxence Crouail.
O tempo máis rápido foi o conseguido por Sergio Veiga con 15´566seg, en Masculino e en Feminino o de Alba Fernández con 18´953seg.
Na proba tamén participou a Seleccionadora galega de Ciclismo na Modalidade de Dh e Enduro, Eva Castro, cun gran palmarés na súa traxectoria deportiva.
Desde a organización Marcos Porto, responsable de Sportskids e Pontebike Team, manifesta que dan as grazas ao Concello da Cañiza polo apoio mostrado desde o primeiro momento ao apoio á carreira e ao seu alcalde Luís Piña, por facilitar todo o necesario para que a carreira fose todo o éxito a nivel galego, tamén manifestan para eles é unha honra realizar a primeira carreira da FGC en Galicia e que o que quixeron é que a mesma fóra o mellor posible. Damos fé que o conseguiron, xa que a carreira como se pode ver nas fotos que vos mostramos, é digna dunha Copa de España ou mesmo Europea.
Na proba tamén se entregaron as camisolas de lideres da Copa de Galicia a todas as categorías participantes.
Tamén dan as grazas a Leira Briabí, Apartamentos Augusto e a Cámping Cañiza polos agasallos que grazas a eles puideron dar aos gañadores dos 3 mellores tempos masculinos e femininos.

Publicacións Relacionadas