Home Pontevedra Deza A Copa Galega de Enganches 2021 celebrará a súa primeira xornada de...

A Copa Galega de Enganches 2021 celebrará a súa primeira xornada de liga o 1 de agosto no marco de Equina Galicia

- Anuncio -

• CONTARÁ CON MÁIS DUNHA DUCIA DE INSCRITOS DE DISTINTOS PUNTOS DA COMUNIDADE, OS CALES COMPETIRÁN NO RING DO RECINTO FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA

• INCLUIRÁ CINCO MODALIDADES DESTA DISCIPLINA HÍPICA

O evento ecuestre Equina Galicia 2021, o cal se celebrará do 30 de xullo ao 1 de agosto no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, é o lugar escollido pola Federación Galega de Enganches para poñer en marcha a súa competición anual.

Así, o último día de Equina terá lugar a primeira xornada de liga da Copa Galega de Enganches, a cal levará a cabo un total de seis xornadas nesta tempada.

Contará con máis dunha ducia de inscritos de distintos puntos de Galicia e serán cinco as modalidades desta competición: Mini Poni, orientada a nenos que participan cunha carruaxe tirada por un poni; Sulky, con coches de dúas rodas e un cabalo; Limonera e Troncos, ambas consistentes en carruaxes de catro rodas pero cun cabalo no primeiro caso e con dous no segundo, e tamén Cuartos, os cales son moi vistosos, xa que inclúen catro cabalos.

Catro competicións máis

Equina Galicia 2021, organizada pola Asociación de Criadores de Cabalos Españois de Galicia (Accega), contará tamén coa celebración do VII Campionato de España Pura Raza Española-ANCCE de Galicia, o cal se desenvolverá durante os tres días de Equina Galicia e é o eixo central do evento. Trátase dunha proba morfofuncional na que se valorará tanto a morfoloxía dos exemplares como os seus movementos.

Ademais, este evento incluirá tres concursos centrados na doma clásica, os cales serán a XXIII Copa Accega de Doma Clásica, o Territorial e o III Trofeo Xunta de Galicia-Medio Rural de Doma Clásica. Este último conta co apoio da Consellería do Medio Rural.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

Publicacións Relacionadas