Home Pontevedra Campo Lameiro A Coral Polifónica de Campo Lameiro conmemora o seu XXV aniversario co...

A Coral Polifónica de Campo Lameiro conmemora o seu XXV aniversario co musical das Letras Galegas “Cousas de Antes”

- Anuncio -

O espectáculo musical representarase o sábado 14 de maio ás 20:30 horas no Centro Sociocultural Sobrino Buhígas e contará coa participación do Grupo Cantalúa e a Banda de Gaitas Foula

A Coral Polifónica de Campo Lameiro conmemora o seu XXV Aniversario coa posta en escea do musical das Letras Galegas “Cousas de antes”, o vindeiro sábado 14 de maio ás 20:30 horas no Centro Sociocultural Sobrino Buhígas, nun espectáculo no que participarán tamén o Grupo Cantalúa e a Banda de Gaitas Foula e que conta coa colaboración do Concello de Campo Lameiro e a Deputación de Pontevedra.

O musical “Cousas de antes” forma parte da homenaxe e o agradecemento que a Coral Polifónica de Campo Lameiro ten coa musica tradicional galega da que esta masa coral se foi nutrindo ao longo dos 25 anos de existencia. “Se ben é certo que temos boa parte do noso repertorio en galego, esta será a primeira vez na que a Coral faga un verdadeiro achegamento á música folclórica galega”.

No espectáculo participará de xeito activo e decisivo a Banda de Gaitas Foula, “que ademais de acompañarnos, compartiron con nós os seus coñecementos dos ritmos tradicionais galegos durante este tempo de preparación. Ao bo facer dos músicos de Foula unirase a vitalidade e a ilusión dos compoñentes de Cantalúa, o noso coro infantil que participará en varias escenas teatrais e cancións coreografiadas”.

RECREACIONS DE MOMENTOS DO PASADO EN CLAVE DE HUMOR

Esta homenaxe á música e ao folclore galego a través do espectáculo “Cousas de antes” pretende ser “unha pequena recreación de momentos do noso pasado, en forma de pezas instrumentais, partes teatrais outras cantadas, todo elo con escenografía e vestiario e en clave de humor”.

As escenas teatrais están inspiradas en recordos da infancia “como aqueles dous homes que se atopan no camiño e se esquecen de ir erguerlle a cesta á muller; ou polas conversas das mulleres no río criticando os malos costumes dos homes e, como non, as escenas típicas de rifas entre mulleres e homes”. A cada escena séguelle unha canción a base de desafíos, regueifas, cantos de oficios, cantigas de traballo e todo elo a ritmo de pandeirada, muiñeira ou xota acompañados por instrumentos como o tamboril, bombo, pandeireta, axóuxeres, cencerros e gaitas.

A intención tamén deste espectáculo é crear un vencello interxeracional entre os maiores e os máis novos a través da lingua e do folclore propio de Galicia mediante un espectáculo “sinxelo, pero feito desde a ilusión, o agarimo e o respecto para rendirlle unha sentida homenaxe aos nosos 25 anos e á nosa música”.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas