A Coral Polifónica Vagalume de Oia organiza unha viaxe a Asturias na fin de semana do 12 ao 14 de xuño na que se visitarán as cidades de Gijón e Avilés. As persoas interesadas en participar na actividade poden contactar nos seguintes teléfonos: 625507354 (Fina) e 625392336 (Juan).
O programa da viaxe consistirá en saída en autobús cara a Asturias o venres 12 de xuño, día no que se chegará á cidade de Gijón e onde se realizarán varias visitas culturais de interese. O sábado 13 pola mañá o grupo achegarase ata Avilés, onde se visitará o casco histórico e outros lugares de interese. Pola tarde o grupo sairá cara Gijón para visitar as termas romanas e o barrio de Cimadevila. Posteriormente asistirase ao concerto da coral. Finalmente, o domingo 14 realizarase a viaxe de volta con parada en Ribadeo para coñecer a praia das Catedrais.
A actividade inclúe transporte, visitas, comidas e aloxamento en hotel e terá un prezo aproximado de 265 euros por persoa (en habitación para uso dobre. Valoración económica en base a un grupo de 50 persoas). Para máis información pódese contactar coa organización nos anteditos números de teléfono.



