Home O Condado Mondariz A depuradora de Vilasobroso segue sen funcionar 10 meses despois do remate...

A depuradora de Vilasobroso segue sen funcionar 10 meses despois do remate das obras

- Anuncio -


Os concelleiros Xoán C. Montes e Tino Menéndez comprobaron que a EDAR, pensada paradar servizo aos barrios da Pena e O Cruceiro, segue sen servizo despois de investir máis de 137.000 €

O concelleiro de AporM Tino Menéndez e o portavoz municipal Xoán C. Montes Bugarín veñen de visitar a depuradora que ía prestar servizo aos barrios da Pena e O Cruceiro, na parroquia de Vilasobroso. Alí comprobaron que, case un ano despois da súa recepción por parte do Concello de Mondariz, segue sen entrar en funcionamento. O goberno municipal leva 10 meses sen contratar a conexión eléctrica desta instalación, polo que a depuradora non pode entrar en servizo.

Estas actuacións consisten na construción dunha depuradora de augas residuais, mediante
humidais artificiais para fluxo subsuperficial de aireación forzada. Este proxecto foi redactado no mandato anterior, sendo alcalde Montes Bugarín.

Ambos os dous edís consideran que, cando se contratou a obra, xa se debería ter incluído no orzamento a conexión eléctrica da instalación para aforrarlle cartos ao concello e para acelerar a súa entrada en servizo, o que evitaría a situación actual, na que as obras executadas non permiten solucionar o problema da depuración de augas sucias á veciñanza: 180 veciños do barrio da Pena.

Conexión inmediata
As obras executadas, nas que se investiron 157.718 euros, incluíron unha baixa de 20.188 € a cargo da empresa contratista, de tal forma que o investimento final foi de 137.530 euros. Por esta razón, o noso grupo esixe que eses 20.188 € sexan investidos á maior brevidade na dotación da conexión eléctrica da depuradora “para que poida entrar en servizo canto antes”.

Os edís municipalistas defenden que, “á maior brevidade posible sería necesario construír o colector que permita conectarse a esta depuradora aos veciños e veciñas do barrio do Cruceiro”, algo que neste momento non está previsto.

Relacionadas

Luis López preside o Pleno do Consorcio Provincial de Pontevedra para a prestación do...

0
O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Luis López, xunto cos deputados provinciais Javier Tourís e Alejandro Lorenzo, presidiron esta mañá o Pleno do...

O Concello de Bueu organiza o 3 e 4 de maio as “Xornadas abertas...

0
• Carmen García, concelleira de cultura, salienta que o obxectivo é fomentar a participación da veciñanza e dos colectivos na Festa das Alfombras Florais...

A Deputación concede 13.000 euros do Plan de Infraestruturas Deportivas á Illa de Arousa...

0
A través deste plan distribuíronse xa máis de 1,8 millóns de euros entre 30 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes A Deputación de...

O BNG lanza unha campaña de recollida de sinaturas para solicitar a creación de...

0
A primeira mesa informativa para a recollida de sinaturas estará dispoñible o xoves, 25 de abril, a partir das 11:00 horas na rúa Almuíña O...

O BNG organiza este venres en Soutomaior un acto sobre a importancia da Atención...

0
O BNG de Soutomaior vén de anunciar que levará a cabo un acto informativo sobre a importancia da Atención Primaria este venres, 26 de...

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

Publicacións Relacionadas