Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación acolle no Pazo provincial a conferencia sobre a vida olímpica...

A Deputación acolle no Pazo provincial a conferencia sobre a vida olímpica de Teresa Portela

- Anuncio -

A deputada provincial María Ramallo presentou a actividade, que está enmarcada en Unha vida olímpica, unha alianza entre a institución e a piragüista co obxectivo de levar o nome das Rías Baixas por todo o mundo

A Deputación de Pontevedra acolleu este mércores no Pazo provincial, en Pontevedra, unha conferencia sobre valores deportivos da man da olímpica Teresa Portela. A actividade, que foi presentada pola deputada provincial María Ramallo, forma parte de Unha vida olímpica, unha alianza establecida entre a institución provincial e a olímpica pontevedresa para levar o nome das Rías Baixas por todo o mundo.

María Ramallo destacou a importancia da piragüista, “non só pola súa traxectoria deportiva, tamén porque nos transmite a todos os valores do deporte, do olimpismo: o espírito de superación, o traballo diario e a resiliencia, e porque é un exemplo e fonte de inspiración”. Unha carreira deportiva, a de Teresa Portela, na que destaca a súa prata olímpica en Tokio, pero tamén as 17 en campionatos mundiais e as outras 17 en europeos: “É, sen dúbida, a mellor embaixadora que podían ter Aldán, Cangas, as Rías Baixas e a provincia de Pontevedra”.

A deputada provincial lembrou que esta alianza entre a deportista e a Deputación de Pontevedra xurdiu “porque queremos dar a coñecer como as Rías Baixas influíron na túa carreira”. “Unha carreira que leva o nome das Rías Baixas por todo o mundo da túa man, igual que da túa man conseguimos posicionarnos como unha potencia mundial en piragüismo”, asegurou.

Unha vida olímpica xa se celebrou anteriormente na vila natal de Portela, Cangas do Morrazo, e en Vigo. Despois da cita de hoxe en Pontevedra, chegará en xaneiro a Tui. Nas conferencias, a olímpica afonda na importancia e incidencia dos valores deportivos na sociedade, ademais de dar a coñecer a súa traxectoria deportiva e de explicar como eses valores deportivos e mais a pegada da provincia de Pontevedra influíron no seu éxito.

Relacionadas

O Centro Cultural Marcos Valcárcel achega a Ourense as “criaturas” do artista andaluz Fran...

0
O deputado de Cultura e vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández, participou na inauguración da mostra “39: De sur a norte en...

A Deputación subvenciona a San Sadurniño con 29.000 euros para o financiamento do persoal...

0
O BOP deste venres 17 de xaneiro publica as resolucions sobre a concesión de varias axudas dirixidas aos concellos da provincia. Neste sentido, San...

Luis Menor defende “a innovación” que lle imprime a Deputación ao traballo realizado para...

0
Como exemplo do afán innovador da institución provincial, Menor avanzou que mediante un acordo con ADIF abrirase a primeira oficina de información sobre termalismo...

A Deputación colabora coa editorial Galaxia cunha exposición que porá en valor espazos literarios...

0
A institución ourensá coopera co programa de actividades da editorial para conmemorar 75 anos de compromiso coa cultura e a literatura galegas A mostra, que...

O Rosal inaugura a Oficina da Enerxía para liderar a transición enerxética no municipio

0
O acto inaugural será o vindeiro martes 21 de xaneiro ás 20.00 h no Salón de exposicións do Concello O Rosal segue a dar pasos...

A camelia protagonista esta fin de semana en Tui

0
Setenta e cinco expositores galegos, portugueses e asturianos presentarán no Claustro da Catedral acollerá máis de 125 metros cadrados dedicados a esta flor O Claustro...

Publicacións Relacionadas