test
Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación apoia a Volta Ciclista ao Baixo Miño patrocinando o seu...

A Deputación apoia a Volta Ciclista ao Baixo Miño patrocinando o seu maillot de montaña

- Anuncio -

A vicepresidenta Luisa Sánchez participou este venres no Pazo provincial na presentación desta proba, que se celebrará o próximo 2 de xuño organizada polo Team Oiense

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou este venres na presentación da segunda edición da Volta Ciclista ao Baixo Miño, que tivo lugar no Pazo provincial. A proba organizada polo Team Oiense terá lugar o próximo 2 de xuño e conta co apoio da institución provincial, que patrocina o maillot de montaña da competición. No evento tamén participaron Aser Estévez, presidente do Team Oiense e organizador da proba, o delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Agustín Reguera, e o alcalde da Guarda e deputado provincial Roberto Carrero. Ao final da presentación, a vicepresidenta provincial recibiu unha camiseta de recordo por parte da organización.

Luisa Sánchez sinalou que “os arredor de 120 ciclistas que chegarán tanto de Galicia, como das nosas veciñas Asturias, Castela e León e Portugal ou tamén de Cantabria, descubrirán o gran potencial desta comarca do sur da nosa provincia formada polos concellos da Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño e Tui”. Ademais destacou que o percorrido permitirá aos deportistas “achegarse a importantes recursos naturais do noso territorio” nos que, “malia que o asfalto e os nosos montes serán os auténticos protagonistas, non nos esqueceremos do noso fermoso Océano Atlántico, xa que algúns tramos transcorrerán en paralelo ao mar”.

A vicepresidenta da Deputación asegurou que “esta provincia conta co escenario ideal para a práctica do ciclismo e, de feito, por iso somos unha potencia mundial nesta disciplina deportiva”. Tamén lembrou que “o noso afán de superación, xunto co empeño do persoal técnico dos clubs e de todo o tecido deportivo, permítennos acoller probas de altísimo nivel como esta Volta Ciclista ao Baixo Miño, que vai na liña do noso grande obxectivo de converter esta provincia no maior estadio deportivo do mundo”. Por iso, asegurou, “é un honor patrocinar o maillot e colaborar co Team Oiense para que esta proba poida realizarse”, club ao que a vicepresidenta trasladou os seus parabéns e sorte “non só con esta Volta senón con todas as demais probas que realizará ao longo dos próximos meses: será un calendario moi movido pero que sen dúbida contribuirá ao bo nome do ciclismo desta provincia”.

Relacionadas

A Deputación abre este luns o prazo de inscrición para participar nas rutas do...

0
Serán en total oito percorridos e terán lugar todos os sábados e domingos do mes. Comezarán o 6 de xullo coa ruta do Xabriña...

A Deputación abre o próximo martes a inscrición aos obradoiros de verán do Museo...

0
Son cinco propostas diferentes para nenas e nenos de 6 a 12 anos, con quendas semanais ao longo dos meses de xullo e agosto O...

A Deputación reforzará a seguridade no edificio que alberga o Servizo de Patrimonio Documental...

0
A institución provincial vai encargar a redacción dun proxecto para definir as actuacións necesarias para incrementar a seguridade no edificio, entre as que se...

AGADER convoca unha reunión informativa sobre o Polígono Agroforestal de Cabreira

0
A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural convoca para o vindeiro xoves 27 de xuño ás 11:00 horas unha reunión con todas as persoas propietaias...

A Deputación tínguese de turquesa ata o vindeiro luns con motivo do Día Nacional...

0
A institución provincial únese a Xoga para recordar o papel das Linguas de Signos na transmisión de ideas, a relación persoal e social e...

Luis López sinala a sinatura do convenio para a grada de Gol de Balaídos...

0
O presidente provincial, acompañado pola vicepresidenta Luisa Sánchez, asina o convenio de colaboración co Concello de Vigo para investir máis de 13 millóns de...

Publicacións Relacionadas