Home O Morrazo Bueu A Deputación aproba 200.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais...

A Deputación aproba 200.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e impulsar axudas básicas de emerxencias para os concellos de Bueu e Moaña

- Anuncio -

A institución provincial destinará 170.000 € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais comunitarios, e 27.000 € para que os concellos poidan atender á cidadanía que se atope en situación ou risco de exclusión social

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar achegas por valor de preto de 200.000 euros para facer fronte a políticas sociais nos concellos de Bueu e Moaña Os recursos enmárcanse no Plan de Cofinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais e nas Axudas Básicas de Emerxencia para 2024, para concellos de menos de 20.000 habitantes, que contan cun orzamento global de 3,6 millóns de euros, do que deu conta o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, en conferencia de prensa.

En concreto, no relativo á primeira convocatoria, centrada nos Servizos Sociais Comunitarios, a Deputación aproba 169.501 euros para estes concellos. Destes recursos, 63.736 euros estarán destinados a sufragar a prestación directa do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), un servizo que atende a persoas maiores e con discapacidade, especialmente cando carezan de apoio persoal no seu medio inmediato, e 105.765 euros a cubrir os custos do persoal dos Servizos Comunitarios. En concreto, Bueu recibe 66.501 euros e Moaña 103.000 euros.

No que respecta á segunda liña de subvencións aprobada, as Axudas Básicas de Emerxencia (ABE), o Goberno provincial aprobou 26.850 euros, para que os concellos da contorna de Vigo e do sur da provincia poidan atender ás demandas da cidadanía que se atope en situación ou risco de exclusión social, con especial atención a quen teña menores ao seu cargo. Neste caso, Bueu benefíciase de 12.800 euros e Moaña de 14.050 euros.

As Axudas Básicas de Emerxencia destinaranse a alimentación, vivenda subministros básicos, produtos e servizos de hixiene e limpeza, pagamento de produtos farmacéuticos, á adquisición de electrodomésticos básicos, pagamento de desprazamentos, pagamento da reparación e mantemento de vehículos, pagamento de lentes, lentes de contacto e audiófonos, pagamento de gastos derivados de tratamentos de odontoloxía, pagamento de produtos de apoio, atencións de carácter complementario e axudas para adquisición de roupa e calzado, de estudo e de apoio á infancia.

Relacionadas

A Deputación destina esta semana máis de 113.000 euros a cooperar cos municipios

0
A Xunta de Goberno tamén aprobou a declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación de senllas expropiacións forzosas para cometer obras en...

A Deputación facilita a peregrinación desde Ourense polas cinco etapas da Vía da Prata...

0
Do 26 de maio ao 23 de xuño, os peregrinos teñen a posibilidade de realizar este itinerario xacobeo en cinco domingos por etapas de...

Éxito da XXXVII Festa do Choco

0
Centos de persoas ateigaron a carpa da XXXVII Festa do Choco, nunha xornada gastronómica na que non faltou a boa música e o humor....

A Deputación oferta esta semana tres novas accións formativas ao abeiro do programa SmartPeme

0
Os obradoiros, que se desenvolverán de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade, márketing dixital e programación A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de...

A Deputación de Pontevedra conmemorará o 80 aniversario da publicación de Sempre en Galiza...

0
Celebrarase na tarde do 28 de maio no Edifico Castelao, abordando diferentes aspectos da edición e o impacto deste clásico do galeguismo En marzo de...

As actuacións de Treixadura e da Escola da Banda de Música de Vilaboa abarrotan...

0
O xornalista Oswaldo García reivindica no seu pregón a Denominación de Orixe para os viños elaborados na IXP Ribeiras do Morrazo A XI Festa do...

Publicacións Relacionadas