Free Porn
xbporn
Home Deza Agolada A Deputación aproba 510.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais...

A Deputación aproba 510.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e impulsar axudas básicas de emerxencias nas comarcas do Deza e Terra de Montes

- Anuncio -

A institución provincial destina 430.000 € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais comunitarios, e 82.000 € para que os concellos poidan atender á cidadanía que se atope en situación ou risco de exclusión social

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar achegas por valor de 510.000 € para facer fronte a políticas sociais na totalidade dos concellos de menos de 20.000 habitantes nas comarcas do Deza e Terra de Montes. Os recursos enmárcanse no Plan de Cofinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais e nas Axudas Básicas de Emerxencia para 2024, que contan cun orzamento global de 3,6 millóns de euros, do que deu conta o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, en conferencia de prensa.

En concreto, no relativo á primeira convocatoria, centrada nos Servizos Sociais Comunitarios, a Deputación aproba 430.773 euros para estes concellos. Destes recursos, 214.800 euros estarán destinados a sufragar a prestación directa do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), un servizo que atende a persoas maiores e con discapacidade, especialmente cando carezan de apoio persoal no seu medio inmediato, e 215.800 euros a cubrir os custos do persoal dos Servizos Comunitarios. En concreto, Agolada recibe 61.729 euros, Cerdedo-Cotobade 70.630 €, Dozón 52.963 €, Forcarei 46.653 €, Rodeiro 40.256 €, Silleda 83.069 € e Vila de Cruces 75.559 €.

No que respecta á segunda liña de subvencións aprobada, as Axudas Básicas de Emerxencia (ABE), o Goberno provincial aprobou 82.100 euros, para que os concellos das comarcas do Deza e Terra de Montes poidan atender ás demandas da cidadanía que se atope en situación ou risco de exclusión social, con especial atención a quen teña menores ao seu cargo. Neste caso, Agolada poderá benefíciase de 12.300 euros, Cerdedo-Cotobade 12.800 €, Dozón 10.800 €, Forcarei 10.800 €, Rodeiro 10.800 €, Silleda 11.800 € e Vila de Cruces 12.800 €.

As Axudas Básicas de Emerxencia destinaranse a alimentación, vivenda subministros básicos, produtos e servizos de hixiene e limpeza, pagamento de produtos farmacéuticos, á adquisición de electrodomésticos básicos, pagamento de desprazamentos, pagamento da reparación e mantemento de vehículos, pagamento de lentes, lentes de contacto e audiófonos, pagamento de gastos derivados de tratamentos de odontoloxía, pagamento de produtos de apoio, atencións de carácter complementario e axudas para adquisición de roupa e calzado, de estudo e de apoio á infancia.

Relacionadas

O Concello de Nigrán estrea este sábado un roteiro sobre o célebre arquitecto galego...

0
O Concello o encadra na súa programación cultural para festexar o 150 aniversario do seu nacemento ao supor o Templo Votivo unha das súas...

A Deputación advirte da importancia de mellorar a aireación das viñas para protexelas fronte...

0
Recomenda ademais seguir aplicando insecticida contra a flavescencia dourada nos viñedos do sur da provincia e manter a vixilancia ante o avance do oídio A...

Os alcaldes da Guarda, Caminha e O Rosal reuníronse para debater sobre a futura...

0
Os tres responsables dos concellos que constitúen a “Eurocidade da Foz do Miño” reuníronse esta semana en Caminha. Rui Lages (Caminha), Roberto Carrero (A...

Bosnia-Herzegovina, Chile, Uruguai e Italia protagonizan a Noite Internacional do Miño

0
A cita será o próximo martes, 30 de xullo, ás 21.30 h no Parque do Laxal en Rebordáns O folclore máis internacional darase cita o...

A Biblioteca Municipal de Tui incrementou nun 30% os préstamos no primeiro semestre de...

0
Nos seis primeiros meses do ano máis de 9 mil libros foron retirados para a lectura a domicilio. Incorporáronse case 600 novos exemplares Significativo incremento...

A “Festa da Bicicleta” dentro dos actos da XXIX Festa da Lamprea

0
Aberta inscrición da Festa da Bicicleta que terá lugar o o domingo 11 de agosto dentro dos actos que organiza o Concello co Gallo...

Publicacións Relacionadas