Home Pontevedra Baixo Miño A Deputación aproba máis de 2,5 millóns de euros para outros nove...

A Deputación aproba máis de 2,5 millóns de euros para outros nove municipios da provincia ao abeiro do Plan Concellos

- Anuncio -

As achegas están destinadas a Vilagarcía, Campo Lameiro, Poio, Bueu, Mos, Soutomaior, O Porriño, Tomiño e Ponteareas e servirán para realizar actuacións de saneamento, pavimentado ou humanizacións

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra ven de aprobar máis de dous millóns e medio de euros, (2.540.250), a outros nove municipios da provincia da man da liña 1 de Investimentos do Plan Concellos. As achegas servirán para Vilagarcía, Campo Lameiro, Poio, Bueu, Mos, Soutomaior, O Porriño (con dúas axudas), Tomiño (tamén con dúas axudas) e Ponteareas para realizar actuacións de saneamento, pavimentado, humanizacións ou rehabilitación de parques e edificacións entre outras cuestións.

Máis polo miúdo, para a comarca do Salnés foi aprobada unha achega para Vilagarcía de 242.200 € para a mellora do firme en cinco viarios municipais. Serán a rúa Souto na parroquia de Cornazo, a rúa Camiño Novo en Zamar e as rúas García Hermo e Ardinso así como a travesía García Hermo na parroquia de Guillán. A comarca de Pontevedra contará con dúas achegas, unha delas para o concello de Campo Lameiro, que recibirá 133.920 € para humanizar as rúas de acceso á Igrexa de San Miguel do Campo, no núcleo do municipio, e a rúa de aceso á Igrexa de Moimenta. E a outra para Poio, que realizará obras na cuberta e de rehabilitación no parque infantil de Rosalía de Castro cunha achega de 195.870 €. Substituiranse os xogos existentes por outros novos, ampliaranse a zona de caucho a todo o ámbito do parque, realizarase unha cuberta para protexer os xogos de madeira e aumentarase a superficie do parque.

Os fondos provinciais tamén chegarán á comarca do Morrazo cunha achega 203.170 € para Bueu, cos que construirá o novo parque urbano Lugurís, que tendo como protagonista ao deporte ofrecerá espazos de paseo e estancia sen perder o carácter de espazo verde. Ademais, foron aprobadas catro achegas para a comarca de Vigo con 657.457 € para Mos cos que se realizará unha nova beirarrúa entre as parroquias de Torroso e Guizán que xerará un itinerario peonil seguro e accesible. Outros 216.330 € para Soutomaior que se empregarán para o acondicionamento interior e exterior dunha edificación que formaba parte do conxunto de centros docentes das antigas escolas da Oliveira. Realizaranse novas divisións, instalaranse servicios, renovaranse as portas exteriores, dotarase á edificación dunha estrada peonil adaptada e instalaranse aparcamentos de bicicletas. Pola súa banda, O Porriño contará con dúas achegas que suman de 267.094 €. Serán 102.074 € para melloras do asfaltado e do saneamento en camiños das parroquias de Cans (A Droza) e Atios (Covelo) e outros 165.020 € para o financiamento de melloras do asfaltado do viario municipal en Vilafría, na parroquia de Atios.

Tamén foi aprobada unha achega para a comarca do Condado e A Paradanta de 184.500€ para a primeira fase da integración do auditorio Reveriano Soutollo na malla urbana do concello de Ponteareas. Con estes fondos provinciais realizaranse as obras de impermeabilización e reparación de danos por filtracións no auditorio. Finalmente, deuse luz verde a dúas subvencións para a comarca do Baixo Miño que suman 439.710 € e irán a parar a Tomiño. Unha delas, de 202.040 €, servirá para realizar melloras no pavillón da Carballa como a colocación dun novo pavimento en madeira, a mellora da eficiencia enerxética a través dun novo sistema de iluminación mediante led ou a instalación dun novo marcador electrónico. E outra de 237.670 € para acondicionar a contorna da igrexa de San Benito de Vilameán. A actuación centrarase no torreiro de festas, que apenas ten continuidade espacial co adro da igrexa dando continuidade ao espazo e dotándoo de vexetación, arborado e sombra.

Relacionadas

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Luis Menor agradece a Daniel Minimalia que peche a súa xira musical “Terra” na...

0
O presidente provincial reuniuse hoxe no Pazo Provincial co artista ourensán que ofrecerá un concerto este venres, 26 de abril, no Teatro Principal para...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

Publicacións Relacionadas