HomeTabeirósCerdedo - CotobadeA Deputación aproba o procedemento para a contratación da renovación da iluminación...

A Deputación aproba o procedemento para a contratación da renovación da iluminación pública da estrada provincial EP-0405 Xesteira-Almofrei, en Cerdedo-Cotobade, por valor de 260.000 €

- Anuncio -spot_img

O presidente provincial Luis López recordou que “estamos a investir nesta estrada provincial preto de 1,3 millóns de euros, xa que a estes recursos que imos destinar ao alumeado hai que engadir outro millón de euros para a actuación de ensanche e mellora, que acaba de ser rematada”

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe o expediente de contratación para a adxudicación da renovación da iluminación pública da estrada provincial EP-0405 A Xesteira-Almofrei, en Cerdedo-Cotobade, por valor de 260.000 euros. O presidente provincial, Luis López recordou que “estamos a investir nesta estrada provincial preto de 1,3 millóns de euros, xa que a estes recursos que imos destinar ao alumeado hai que  engadir outro millón de euros para a actuación de ensanche e mellora, que acaba de ser rematada”.

A actuación, que se executará no primeiro quilómetro e medio da estrada, será financiada ao 70% pola Deputación de Pontevedra (180.000) e ao 30% polo Concello de Cerdedo-Cotobade (80.000 €). Neste treito existen, neste momento, niveis moi baixos de iluminación da plataforma debido, en grande medida, a que as instalacións existentes quedaron obsoletas e resultan insuficientes. Deste xeito, a actuación a desenvolver mellorará o alumeado tanto nos itinerarios peonís como na zona de tránsito motorizado, o que contribuirá a solucionar os problemas de seguridade viaria detectados

“Seguimos –remarcou o presidente da Deputación Luis López-, unha semana máis, avanzando na mellora das estradas provinciais, traballando para garantir unha maior seguridade nestas vías fundamentais para vertebrar o noso territorio”.

Publicacións Relacionadas