Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación aprobará este venres unha achega de máis de 176.000 euros...

A Deputación aprobará este venres unha achega de máis de 176.000 euros para a renovación do céspede artificial do campo de fútbol de Berdón, en Vilagarcía de Arousa

- Anuncio -

O municipio arousán é o Concello máis beneficiado da Provincia do plan provincial para a mellora das instalacións deportivas ao ter asignados un total de 206.000 euros

Con esta subvención enmarcada no Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, a Deputación xa ten mobilizados ata a data 2,3 millóns entre 26 concellos da provincia

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobará este venres unha achega ao concello de Vilagarcía de Arousa no marco do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas da Deputación, dotado de 4 millóns de euros. Con esta achega, que ascende a máis de 176.000 euros, Vilagarcía de Arousa actuará para a reposición do céspede artificial do campo de fútbol de Berdón. Unha instalación moi empregada polos clubs deportivos, con categorías de base, que se atopaba deteriorada.

Coa reposición do céspede, a Deputación facilita que esta infraestrutura deportiva de Vilagarcía cumpra cos requisitos de calidade e seguridade para a práctica deportiva. A actuación consistirá na retirada do equipamento presente no campo (que será restituído unha vez rematen o resto das medidas previstas) e pavimento actual, a comprobación (e reparación, no seu caso) de pendentes ou irregularidades, e o estendido do novo material, un céspede combinado de monofilamentos rectos e filamentos fibrilados de polietileno. Tamén se aproveitará para revisar a rede de sumidoiros.

O municipio arousano é o Concello máis beneficiado de toda a provincia polo Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas posto en marcha pola Deputación, pois ten asignado un total de 206.000 euros. Ademais desta achega para a substitución do céspede, o goberno provincial concedeu unha axuda por valor de 22.000 euros para a instalación dun videomarcador no campo da Lomba e recibiu outra solicitude de 7.900 euros para o subministro de 540 novos asentos para o pavillón de Fontecarmoa I.

“O apoio aos deportistas e clubs deportivos, así como a mellora das instalacións e infraestruturas ou a organización de eventos deportivos de interese son áreas estratéxicas para a Deputación”, sostén o presidente provincial Luis López, que ve no deporte “o complemento ideal para o noso destino turístico”.

Ata o momento, a Deputación de Pontevedra xa mobilizou máis de 2,3 millóns de euros dos 4 millóns do orzamento total deste Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas. Por agora xa se aprobaron axudas para os concellos de Arbo, Baiona, Barro, Cangas, A Cañiza, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, A Estrada, Fornelos de Montes, Gondomar, Lalín, Marín, Meis, Mondariz-Balneario, Moraña, As Neves, Pazos de Borbén, Poio, Redondela, Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas, Valga, Vilaboa e Vilagarcía de Arousa.

Relacionadas

A Deputación oferta esta semana dúas novas accións formativas dentro do programa SmartPeme

0
Os obradoiros, que se desenvolven de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade e programación A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico...

A Deputación organiza no Museo de Pontevedra unha xornada sobre Alfredo García Alén, figura...

0
A actividade terá lugar o xoves 30 de maio no Edificio Castelao e nela abordarase a traxectoria vital de García Alén, a súa faceta...

A Deputación leva esta semana a Soutomaior as XX Xornadas de Xenealoxía, Heráldica e...

0
As xornadas terán lugar entre este martes, 21 de maio, e o xoves 23 na Sala do Tapiz do Castelo de Soutomaior e abranguen...

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

Publicacións Relacionadas