HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación avanza que destinará 140.000 euros a Redondela para financiar integramente...

A Deputación avanza que destinará 140.000 euros a Redondela para financiar integramente as obras de reurbanización da rúa do Prego de Montaos, en Vilavella

- Anuncio -spot_img

A deputada provincial Sandra Bastos recordou que con estes recursos aténdese a demanda do goberno local, quen deseñou o proxecto de remodelación para este espazo público

Bastos detallou que estes recursos son parte dos 870.000 € que Redondela recibe ao abeiro da liña 1 do +Provincia, que sumando as catro liñas do plan ascenden a 1,25 millóns de euros

A deputada provincial Sandra Bastos anunciou hoxe en Redondela que a Deputación se encargará de financiar integramente as obras de reurbanización da rúa do Prego de Montaos, no barrio de Vilavella. Farao a través dun investimento de 143.945 euros procedentes da liña 1 do Plan +Provincia, da que a Redondela lle corresponden un total de 870.782 € neste 2025 e dos que xa se aprobaron 530.000 € para a mellora da seguridade viaria na Estrada de Porto Cabeiro entre a N-555 e o Camiño do Campiño, Vilar de Infesta.

A deputada provincial recordou que con estes recursos aténdese a demanda do goberno local, quen deseñou o proxecto de remodelación para este espazo continuando co realizado xa na praza de Ponteareas. En concreto, levaranse a cabo actuacións previas de desmontaxe dos servicios urbanos existentes na zona; a demolición dos pavimentos actuais; a instalación de pavimentos mixtos (lousas de granito, formigón e aglomerado) e céspede nas zonas brandas e formigón diferenciado para o tráfico de vehículos e peóns nas duras; novas instalacións de rego, saneamento, electricidade e alumeado; a plantación de céspede e diferentes tipos de árbores, e a instalación de sinalización horizontal e vertical e de diferente equipamento urbano (bancos, papeleiras, bolardos, etc.).

Sandra Bastos lembrou que no 2025 Redondela recibe 1,25 millóns de euros a través das catro liñas do Plan +Provincia. Neste eido, a deputada enxalzou este programa que “é un exemplo da forma de actuar da Deputación, escoitando aos concellos e dando resposta ás súas necesidades”. Co +Provincia, concluíu Bastos, “estamos a impulsar o avance das nosas vilas e pobos, a conseguir que esta provincia vaia a máis, con actuacións transformadoras como a que hoxe anunciamos en Redondela, que modernizan o territorio e melloran a calidade de vida da veciñanza”.

Publicacións Relacionadas