HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación avanza que destinará 170.000 euros a Soutomaior para financiar as...

A Deputación avanza que destinará 170.000 euros a Soutomaior para financiar as obras de mellora da seguridade viaria e pavimentación en Camiño O Val-Lourido

- Anuncio -spot_img

A deputada provincia Nava Castro visitou hoxe o concello para anunciar que este mesmo venres se aprobarán estes recursos, que son parte dos 430.000 € que Soutomaior recibe ao abeiro da liña 1 do Plan +Provincia

A deputada provincial Nava Castro visitou hoxe Soutomaior, onde anunciou que a Deputación se encargará de financiar as obras de mellora da seguridade viaria e pavimentación en Camiño O Val-Lourido. Farao a través dun investimento de 169.964 euros que serán aprobados este mesmo venres na Xunta de Goberno do organismo provincial procedentes da liña 1 do Plan +Provincia, da que a Soutomaior lle corresponden un total de 432.365 € neste 2025.

A deputada deu conta dos traballos que Soutomaior levará a cabo grazas a este investimento, que busca resolver o mal estado no que se atopa actualmente o camiño do Val-Lourido, na parroquia de Soutomaior, e fai que sexa preciso actuar nas zonas mais amplas e sen regularización, formando unhas novas áreas de calmado para a súa mellora da seguridade viaria e pavimentación dos tramos do camiño. En concreto, realizaranse actuacións previas que consisten en realizar unha limpeza e desbroce das marxes do camiño e a retirada e traslado do mobiliario e poste existentes; realizarase o corte do pavimento, a demolición e levantado do bordo e das beirarrúas e a reparación da superficial, e finalmente sinalarase a actuación con marcas viarias e sinais verticais, subministrarase un banco de granito e se plantarán especies vexetais.

Nava Castro lembrou que no 2025 Soutomaior recibe 617.655 euros a través das catro liñas do Plan +Provincia e que, no marco da liña 1, , ata a data xa se aprobaron 229.000 euros para a reforma do salón de plenos e o acondicionamento da contorna do Concello. A deputada enxalzou este programa que “é un exemplo da forma de actuar da Deputación, escoitando aos concellos e dando resposta ás súas necesidades”. E engadiu que co +Provincia “estamos a impulsar o avance das nosas vilas e pobos, a conseguir que esta provincia vaia a máis, con actuacións transformadoras como esta que hoxe anunciamos en Soutomaior, que modernizan o territorio e melloran a calidade de vida da veciñanza”.

Publicacións Relacionadas