HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación avanza que destinará preto de 100.000 euros a Ponte Caldelas...

A Deputación avanza que destinará preto de 100.000 euros a Ponte Caldelas para financiar as obras de construción dun novo bike park

- Anuncio -spot_img

O deputado provincial Ricardo Martínez visitou hoxe o concello para anunciar que este mesmo venres se aprobarán estes recursos, que son parte dos 450.000 € que Ponte Caldelas recibe ao abeiro da liña 1 do Plan +Provincia

O deputado provincial Ricardo Martínez visitou hoxe Ponte Caldelas, onde anunciou que a Deputación se encargará de financiar as obras de construción dun novo bike park. Farao a través dun investimento de 96.671 euros procedentes da liña 1 do Plan +Provincia, da que a Ponte Caldelas lle corresponden un total de 453.806 € neste 2025, que serán aprobados este mesmo venres na Xunta de Goberno do organismo provincial.

O deputado deu conta dos traballos que Ponte Caldelas levará a cabo, co fin de satisfacer as necesidades de deportes sobre rodas do municipio, creando un espazo adecuado para súa práctica e que poida ser empregado tanto por usuarios experimentados como por debutantes. Desta maneira, contará con dous elementos diferenciados: un jump park e un pumptrack. O primeiro situarase na zona norte, sobre unha superficie de terreo natural, e, para acometelo, levaranse a cabo traballos previos de rozado e limpeza do terreo, instalación de dous pozos de drenaxe, acondicionamento do terreo, instalación de novos pavimentos e marcaxe das liñas delimitadoras de carril, así como a instalación dun cartel indicador do circuíto. No caso do pumptrack as obras incluirán a demolición e levantado do minigolf existente, a instalación de drenaxe, o acondicionamento do terreo, novos pavimentos, liñas delimitadoras de carril e tamén a instalación dun cartel indicador.

Ricardo Martínez lembrou que no 2025 Ponte Caldelas recibe preto de 650.000 euros a través das catro liñas do Plan +Provincia e que ao abeiro da súa liña 1 de investimentos xa se aprobaron 70.000 € para a construción dunha pista de padel cuberta e a adecuación dunha de tenis. Neste eido, enxalzou este programa que “é un exemplo da forma de actuar da Deputación, co municipalismo como bandeira para dar resposta ás necesidades dos concellos”. E engadiu que co +Provincia “estamos a impulsar actuacións transformadoras como a que hoxe anunciamos en Ponte Caldelas que modernizan as nosas vilas e pobos e promoven o avance do conxunto da provincia de Pontevedra”.

Publicacións Relacionadas