Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación avanza que este venres aprobará unha axuda de máis de...

A Deputación avanza que este venres aprobará unha axuda de máis de 100.000 euros para transformar o campo de fútbol José Betanzos Doval, “Pepe”, de Meis

- Anuncio -

Os deputados provinciais Javier Tourís e Marcos Guisasola visitaron hoxe coa alcaldesa Marta Giráldez as instalacións do campo, que serán reformadas cos recursos do II Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas

O Concello de Meis recibirá este ano ao abeiro do plan un 136% máis recursos que na edición anterior, cando obtivo 44.000 euros

Os deputados provinciais Javier Tourís e Marcos Guisasola, xunto coa alcaldesa de Meis, Marta Giráldez, visitaron o campo de fútbol José Betanzos Doval, “Pepe”, na parroquia do Mosteiro, onde anunciaron que a Deputación aprobará na Xunta de Goberno deste venres unha inxección económica de 104.000 euros para a transformación destas instalacións deportivas. Farao ao abeiro do II Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, dotado con oito millóns de euros, o dobre que na súa primeira edición; un programa co que a institución provincial está a transformar e modernizar os equipamentos deportivos da provincia. De feito, o Concello recibirá este ano un 136% máis de recursos ao abeiro deste plan que na anterior edición, cando recibiu 44.000 euros.

Con estes máis de 100.000 euros, o Concello de Meis financiará o 100% das obras de modernización do campo de fútbol José Betanzos Doval, que consistirán na mellora dos acabados interiores e do equipamento dos vestiarios existentes, ademais da renovación dos asentos das gradas, do repintado das mesmas e da ampliación das escaleiras de acceso ás gradas, co fin de mellorar a accesibilidade e evacuación do público. “Este campo precisaba desta actuación para converterse nun espazo deportivo do século XXI para a veciñanza de Meis e, como sempre desde o goberno provincial, respectando a vontade dos concellos, estando ao seu carón apoiándoos cando o precisan”, remarcou Tourís.

O deputado provincial lembrou que o deporte é un dos eixos prioritarios do goberno da Deputación, “con recursos nunca antes vistos nesta institución”. Neste eido, Javier Tourís sinalou os 8 millóns do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que está a permitir modernizar os equipamentos públicos dos concellos da provincia. “Sabemos –indicou o deputado– que iniciativas como este plan son unha importante inxección para o deporte, porque están a permitir transformar os equipamentos deportivos municipais como nunca antes se fixera, pero son tamén unha inxección municipalista, económica e de emprego, que está a conseguir que esta provincia avance e sexa, se cabe, moito máis extraordinaria do que xa é”.

Relacionadas

Xampatito Pato presenta este venres en Tui “Compaña”

0
O Teatro Municipal acolle ás 19 h este espectáculo para público familiar. As entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 4 e...

O concello de Tui finaliza con éxito o seu programa de capacitación dixital

0
Máis dun centenar de veciños e veciñas recibiron o seu certificado tras a formación realizada ao longo de 2024 O Concello de Tui  foi beneficiario...

O Concello de Caldas de Reis colabora na organización da I Semana da...

0
• O programa desenvolto pola logopeda Ana Belén Diz  inclúe, entre outras iniciativas, unha andaina solidaria,  que terá lugar o vindeiro sábado, 15 de...

Mos coida da saúde mental da súa rapazada e imparte obradoiros para mitigar o...

0
107 alumnos/as de 3º curso da ESO do IES de Mos están a recibir pautas para coidar a saúde mental fronte o impacto das...

O concello de Nigrán realiza este domingo unha reforestación no parque forestal ‘Os Matos-Río...

0
Desenvolverase na zona das Rozadas (Chandebrito) desde as 10:00 horas e os voluntarios deben inscribirse previamente no mail hola@plantalo.org A organización Plantalo.org, que ten plantando máis...

Sobre a sentenza relativa á Policía Local e a proposta de modificación RPT para...

0
✔️ O Concello de Marín sempre pagou as noites e os festivos á Policía Local concepto de productividade. Isto quere decir que noite feita,...

Publicacións Relacionadas