HomePontevedraCaldasA Deputación avanza que investirá 115.000 euros para financiar integramente as obras...

A Deputación avanza que investirá 115.000 euros para financiar integramente as obras de saneamento no lugar de Couselo, en Cuntis

- Anuncio -spot_img

O deputado provincial Ricardo Martínez visitou hoxe a zona na que se realizará esta actuación cos recursos da liña 1 do Plan +Provincia

A Deputación destina este ano máis de 630.000 euros a Cuntis a través do +Provincia

O deputado provincial Ricardo Martínez visitou hoxe Cuntis xunto co seu alcalde, Manuel Campos, onde anunciou que este venres a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobará un investimento de 114.798 euros da liña 1 de investimentos do Plan +Provincia para financiar integramente as obras de saneamento no lugar de Couselo. En total, a Cuntis correspóndenlle 633.208 euros do +Provincia 2025, o plan de obras e servizos máis transformador da historia da institución provincial.

Martínez deu conta dos traballos que se realizarán con estes recursos no lugar de Couselo, que na actualidade ten camiños interiores en moi mal estado de conservación, con gretas e fochas que dificultan o tránsito de vehículos e persoas. Neste eido, o deputado provincial explicou que se procederá á súa mellora cunha nova pavimentación en formigón e aglomerado. Ademais, construirase  unha rede de colectores para dar servizo as vivendas, dando continuidade a xa executada no lugar de O Pazo e quedando ambas pendentes dunha futura conexión cunha estación depuradora para poder entrar en funcionamento.

“Somos un goberno municipalista” recordou o deputado provincial Ricardo Martínez, “que escoitamos as demandas dos gobernos locais e atendemos as necesidades dos concellos”. Neste eido, puxo en valor plans como o +Provincia, “o plan de obras e servizos de competencia municipal máis ambicioso da historia da Deputación, dotado este ano con 48,2 millóns de euros e que xa leva distribuídos nestes primeiros meses do ano preto de 21 entre os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia”. E recordou que “o noso obxectivo principal é que a provincia de Pontevedra vaia a máis e avance como nunca antes fixera e a través dos plans provinciais estamos a conseguir que os concellos poidan afrontan investimentos e actuacións que doutro xeito serían imposibles de realizar e, así, contribuír á modernización do conxunto do noso territorio e á mellora da calidade de vida da nosa veciñanza”.

Publicacións Relacionadas