Free Porn
xbporn
Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación concede preto de 60.000 euros ao Concello de Gondomar para...

A Deputación concede preto de 60.000 euros ao Concello de Gondomar para instalar iluminación nas pistas deportivas das Cercas

- Anuncio -

Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que xa mobilizou preto de 1,4 millóns de euros entre 23 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar unha axuda de preto de 60.000 euros para que o Concello de Gondomar poida instalar unha nova iluminación nas pistas deportivas do complexo das Cercas. O obxectivo é permitir que os usuarios e clubs deportivos poidan empregar estas pistas en franxas horarias máis amplas e organizar torneos, incluso en horario nocturno.

Con estes recursos o Concello de Gondomar poderá dotar ás pistas de iluminación artificial de baixo consumo a través da instalación de tres pares de columnas para dispoñer de proxectores LED na zona das pistas de tenis. Ademais, instalaranse dúas columnas adicionais na zona na que se atopa a cancha de baloncesto e o skatepark.

Ata o momento, o Goberno provincial mobilizou ao abeiro do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas preto de 1,4 dos 4 millóns de orzamento total, con achegas, ademais de para Gondomar, para A Cañiza, A Estrada, Arbo, As Neves, Baiona, Barro, Cangas, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Fornelos de Montes, Lalín, Marín, Meis, Moraña, Pazos de Borbén, Poio, Redondela, Salceda de Caselas, Vilaboa e Vilagarcía de Arousa.

Relacionadas

O Concello de Nigrán estrea este sábado un roteiro sobre o célebre arquitecto galego...

0
O Concello o encadra na súa programación cultural para festexar o 150 aniversario do seu nacemento ao supor o Templo Votivo unha das súas...

A Deputación advirte da importancia de mellorar a aireación das viñas para protexelas fronte...

0
Recomenda ademais seguir aplicando insecticida contra a flavescencia dourada nos viñedos do sur da provincia e manter a vixilancia ante o avance do oídio A...

Os alcaldes da Guarda, Caminha e O Rosal reuníronse para debater sobre a futura...

0
Os tres responsables dos concellos que constitúen a “Eurocidade da Foz do Miño” reuníronse esta semana en Caminha. Rui Lages (Caminha), Roberto Carrero (A...

Bosnia-Herzegovina, Chile, Uruguai e Italia protagonizan a Noite Internacional do Miño

0
A cita será o próximo martes, 30 de xullo, ás 21.30 h no Parque do Laxal en Rebordáns O folclore máis internacional darase cita o...

A Biblioteca Municipal de Tui incrementou nun 30% os préstamos no primeiro semestre de...

0
Nos seis primeiros meses do ano máis de 9 mil libros foron retirados para a lectura a domicilio. Incorporáronse case 600 novos exemplares Significativo incremento...

A “Festa da Bicicleta” dentro dos actos da XXIX Festa da Lamprea

0
Aberta inscrición da Festa da Bicicleta que terá lugar o o domingo 11 de agosto dentro dos actos que organiza o Concello co Gallo...

Publicacións Relacionadas