Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación concede unha achega a Vilagarcía de Arousa para subministrar máis...

A Deputación concede unha achega a Vilagarcía de Arousa para subministrar máis de 500 asentos ao pavillón de Fontecarmoa

- Anuncio -

A axuda enmárcanse no Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,5 millóns de € entre os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia

Con máis de 206.000 € Vilagarcía é o concello que recibe máis recursos do plan. Co financiamento da Deputación, aprobado na súa totalidade, repoñerá o céspede artificial no campo de Berdón, instalará unha pantalla LED na Lomba e asentos en Fontecarmoa

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar unha nova achega ao Concello de Vilagarcía de Arousa no marco do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas. Desta volta, por valor de preto de 8.000 euros, a vila poderá financiar a adquisición dun total de 540 asentos para as gradas do pavillón polideportivo de Fontecarmoa. Vilagarcía, con máis de 206.000 €, é o concello da provincia que recibe máis recursos deste plan da institución provincial.

Grazas a esta achega, por valor de 7.840,80 €, o Concello poderá instalar máis de 500 asentos, compactos e con respaldo para apoio lumbar, en modalidade monobloque autoportante de polipropileno copolímero coloreado a metade en azul e a outra metade en verde (270 cada unha). Os asentos serán resistentes ao lume e contarán con protección contra a radiación ultravioleta e axentes atmosféricos, e instalaranse sobre unha bancada de formigón por persoal municipal.

Estes recursos súmanse aos 180.000 € aprobados na pasada Xunta de Goberno da Deputación para a reposición do céspede artificial no campo de Berdón,  e aos 22.000 euros que tamén destinou o Goberno provincial á vila para subministrar unha pantalla LED no pavillón da Lomba e que completan, xunto coa achega que acaba de ser aprobada para dotar de asentos a Fontecarmoa, os 206.000 € que recibe Vilagarcía de Arousa no marco do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas.

O Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas da Deputación asignou ata o momento un total de 2,5 dos 4 millóns de euros do seu orzamento total, con achegas aprobadas para os concellos de Agolada, Arbo, As Neves, Baiona, Barro, Campo Lameiro, Cangas, A Cañiza, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, A Estrada, Fornelos de Montes, Gondomar, A Illa de Arousa, Lalín, A Lama, Marín, Meaño, Meis, Mondariz-Balneario, Moraña, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Ponte Caldelas, Pontecesures, Redondela, O Rosal, Rodeiro, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Silleda, Soutomaior, Tui, Valga, Vila de Cruces, Vilaboa, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

Relacionadas

A Deputación oferta esta semana dúas novas accións formativas dentro do programa SmartPeme

0
Os obradoiros, que se desenvolven de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade e programación A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico...

A Deputación organiza no Museo de Pontevedra unha xornada sobre Alfredo García Alén, figura...

0
A actividade terá lugar o xoves 30 de maio no Edificio Castelao e nela abordarase a traxectoria vital de García Alén, a súa faceta...

A Deputación leva esta semana a Soutomaior as XX Xornadas de Xenealoxía, Heráldica e...

0
As xornadas terán lugar entre este martes, 21 de maio, e o xoves 23 na Sala do Tapiz do Castelo de Soutomaior e abranguen...

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

Publicacións Relacionadas