HomeO MorrazoCangasA Deputación contratará por 1,3 millóns de euros as obras de mellora...

A Deputación contratará por 1,3 millóns de euros as obras de mellora da mobilidade peonil na estrada provincial EP-1002 A Magdalena-Aldán, en Cangas do Morrazo

- Anuncio -spot_img

O proxecto, financiado ao 80% pola Deputación e ao 20% polo Concello de Cangas, contempla a creación dunha senda peonil e de zonas de convivencia entre peóns e tráfico rodado

A Deputación de Pontevedra avanza na posta en marcha da mellora da mobilidade peonil na estrada provincial EP-1002 A Magdalena Aldán, en Cangas, coa aprobación do expediente para contratar as obras. A actuación, tal e como explicou o presidente provincial Luis López, conta cun orzamento de 1,3 millóns de euros, dos que a Deputación aporta o 80% (algo máis dun millón de euros) e o Concello o 20% restante.

A través deste proxecto, que se desenvolverá nun tramo de 850 metros desta estrada provincial, melloraranse as condicións de seguridade e mobilidade para peóns e vehículos. Para conseguilo, construirase unha senda peonil, crearanse zonas de convivencia e melloraranse varios servizos afectados pola execución das obras.

“Queremos que a rede provincial, fundamental na vertebración do noso territorio, se atope nunha situación óptima e, con proxectos como este en Cangas, estamos avanzando para acadar o noso obxectivo”, asegurou o presidente da Deputación Luis López. 

Publicacións Relacionadas