HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación convoca para este venres un Pleno extraordinario en defensa do...

A Deputación convoca para este venres un Pleno extraordinario en defensa do Estado de Dereito e contra a corrupción que afecta á contorna do presidente do Goberno

- Anuncio -spot_img

A sesión celebrarase ás 13,00 horas cun único punto na orde do día, unha moción presentada polo grupo popular para, entre outros puntos, esixir a disolución das Cortes e a convocatoria de eleccións xerais

A Deputación de Pontevedra convoca para este venres, ás 13,00 horas, unha sesión plenaria extraordinaria para defender o Estado democrático e de Dereito, así como expresar a repulsa á corrupción que afecta á contorna persoal e política do presidente do Goberno, Pedro Sánchez.

A moción a debate, presentada polo grupo popular, inclúe unha proposta de seis acordos. En primeiro lugar, amosar o seu rexeitamento expreso á corrupción instalada no seno do Partido Socialista, no Goberno de España e no entorno persoal e político máis próximo ao presidente Pedro Sánchez. En segundo, condenar as acusacións realizadas polos membros do Goberno de España e os seus socios atacando á Xustiza e xornalistas que están destapando as tramas de corrupción que rodean a Pedro Sánchez. Tamén, esixir ao Goberno de España a inmediata depuración de responsabilidades políticas derivadas dos casos de corrupción coñecidos nas últimas datas e solicitar dos seus socios nas distintas institucións a revisión dos acordos de goberno ou apoio político; requirir ao Goberno de España que de xeito urxente, adopte as medidas necesarias para garantir a colaboración activa con todas as instancias xudiciais, parlamentarias e administrativas que investigan posibles irregularidades na súa xestión. Así mesmo, rexeitar e retirar todos os nomeamentos e recoñecementos protocolarios ou condecoracións en favor de persoas vencelladas con estas tramas de corrupción e, particularmente, a Isabel Pardo de Vera.

Finalmente, o grupo popular solicita ao presidente do Goberno de España a disolución das Cortes e a inmediata convocatoria das eleccións xerais para permitir que os españois, a través do seu voto, abran un novo tempo político.

Publicacións Relacionadas