Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación dá comezo este domingo ás rutas ornitolóxicas do 2025 cun...

A Deputación dá comezo este domingo ás rutas ornitolóxicas do 2025 cun percorrido pola Foz da Ramallosa e Praia América

- Anuncio -

A primeira saída do programa Voando nas Rías Baixas, que impulsa a institución provincial da man de SEO/BirdLife, esgotou as 25 prazas ofertadas en tan só 30 minutos

As rutas ornitolóxicas da Deputación de Pontevedra do 2024 comezan este domingo, 2 de febreiro, cun percorrido pola Foz da Ramallosa e praia América, nos concellos de Nigrán e Baiona. Unha cita que esgotou as 25 prazas ofertadas en tan só 30 minutos e que a institución provincial organiza de novo en colaboración coa asociación SEO/BirdLife. É o primeiro dos sete percorridos ornitolóxicos organizados durante o ano para sensibilizar a poboación sobre os recursos culturais e naturais da provincia de Pontevedra e a importancia de conservar o medio natural.

A Foz da Ramallosa é un espazo intermareal que se atopa entre os concellos de Nigrán e Baiona (no esteiro do río Miñor) protexido pola Rede Natura 2000, de alto valor ecolóxico e óptimo para a observación de aves tanto polo preto que se poden avistar como tamén polo confiadas que se mostran cara ao ser humano. Nela salientan as limícolas (mazaricos, biluricos, pilros…), a variedade de gaivotas, diferentes especies de garzas ou aves mariñas como os carráns cristados. Tamén é posible atopar a aguia pescadora, que se achega a este esteiro para pescar.

O percorrido, guiado por dúas guías de ornitoloxía de SEO/BirdLife, inclúe un autobús, tanto para o desprazamento coma para a visita da zona na que ten lugar a actividade, e recoméndase levar roupa cómoda e calzado apropiado. Cada participante terá á súa disposición prismáticos para observar aves e dous telescopios terrestres de alta gama para poder gozar das aves sen molestalas. Ademais, entregaráselle unha guía de aves.

O calendario de actividades de Voando nas Rías Baixas en 2025 continúa coa ruta da costa sur da ría de Arousa (Cambados e Vilanova de Arousa), que se celebrará o 9 de marzo. En terceiro lugar, as Brañas de Xestoso (Forcarei e Silleda), o 25 de maio, e posteriormente a ruta da praia da Lanzada (O Grove e Sanxenxo) o 22 de xuño. O 28 de setembro celebrarase a ruta dos campos e lagoas de Rouxique (Sanxenxo), que irá seguida da do esteiro do río Lérez e a Intermareal Combarro-Lourido (Poio e Pontevedra), o 9 de novembro, e en último lugar a ruta da enseada de San Simón (Pontevedra, Soutomaior e Vilaboa), pechando o calendario da edición o 14 de decembro.

Relacionadas

O vicepresidente Rafa Domínguez sitúa a Pablo Hinojar como “unha das figuras máis emblemáticas...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu hoxe no Pavillón Municipal de Deportes de Pontevedra á I Gala Homenaxe Pablo Hinojar, un...

O vicepresidente Rafa Domínguez participa no acto de entrega de premios do campionato Galego...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou hoxe no pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra no acto de entrega...

Digna Rivas: “O BNG debe reflexionar se apoia un goberno progresista ou se segue...

0
- No último pleno da corporación o grupo municipal do BNG sumou os seus votos ao PP para rexeitar a Axenda Urbana, o que...

María José Gómez salienta a importancía da Feira do Mel “Alvariza” de Lalín para...

0
A conselleira sinalou que este tipo de celebracións contribúen a impulsar as canles curtas de comercialización e poñer de relevo o comercio de proximidadeLembrou...

O Entroido de Cobres encara 2025 co reto de pór en valor unha festa...

0
Concello e Asociación Cultural convidan a desfrutar dun programa que ten o 22 de febreiro o súa primeira xornada intensa co seu percorrido polas...

A Deputación destina 535.000 euros a políticas sociais nos concellos das comarcas do Deza...

0
A Xunta de Goberno aprobou esta semana as bases do Plan de Cofinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais e das Axudas Básicas de Emerxencia Os...

Publicacións Relacionadas