Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación de Pontevedra envía ao Concello de Vigo o convenio que...

A Deputación de Pontevedra envía ao Concello de Vigo o convenio que compromete preto de 13 millóns de euros de inversión provincial na grada de Gol de Balaídos

- Anuncio -

O presidente Luis López informou hoxe que a institución provincial “está lista para asinar canto antes o convenio de colaboración e escenificar o entendemento a tres bandas entre a Deputación, o Goberno municipal e o Celta, atendendo ao sentir xeral da cidade”

A vicepresidenta Luisa Sánchez sinala que se trasladaron ao Concello observacións dos técnicos provinciais que na práctica non supoñen alteracións importantes, pero “corrixen erros do pasado”

A Deputación de Pontevedra vén de trasladar ao Concello de Vigo o convenio que compromete preto de 13 millóns de euros de inversión provincial na grada de Gol de Balaídos. Así o informou este luns o presidente Luis López, quen indicou que a institución pontevedresa “está lista para asinar canto antes o convenio de colaboración e escenificar o entendemento a tres bandas entre a Deputación, o Goberno municipal e o Celta, atendendo ao sentir xeral da cidade e do celtismo”.

Nunha comparecencia na sede viguesa da Deputación, acompañado pola vicepresidenta Luisa Sánchez, confiou en que o Concello “permita asinar canto antes este acordo para que a grada de Gol sexa unha realidade canto antes”, pois, segundo dixo, “a reforma de Balaídos é unha historia demasiado longa que moi poucas veces transcorreu segundo o esperado”.

Neste sentido, López se remontou ao 2015, ano no que Rafael Louzán asinaba o primeiro convenio, addendado ata en dúas ocasións polo executivo de Carmela Silva, que chega a firmar un segundo convenio en 2021 prorrogado dous anos máis tarde (xuño do 2023) xa co bipartito en funcións. Polo medio, anotou o presidente provincial, “unha longa lista de sobrecustos, retrasos e defectos construtivos ante os cales Vigo e o celtismo foron espectadores, cando non vítimas colaterais”.

Agora tras analizar os técnicos da Deputación ao detalle o contido do proxecto, “non para poñer reparos gratuítos, senón co mellor afán de enriquecer e facer achegas a unha remodelación que xa dera imprevistos indesexados, e algúns por valor de moitos miles de euros”, indicou López, a Deputación volve cumprir coa palabra dada, financiando o 50% do orzamento establecido para a grada de Gol.

“Sempre dixen que Vigo tería o mesmo trato que co goberno anterior e o manterei sempre e cando nos dean, como mínimo, as mesmas facilidades que tivo o executivo anterior para investir na cidade”, concluíu o presidente da Deputación.

Observacións dos técnicos provinciais
Máis ao detalle, a vicepresidenta Luisa Sánchez incidiu en que se trasladaron ao Concello observacións dos técnicos provinciais que na práctica non supoñen alteracións importantes, pero que “corrixen errores do pasado”. O obxectivo é poder adiantarse, segundo explicou a representante provincial, a problemáticas recoñecidas como as inundacións ou mesmo as deficiencias de visibilidade que se deron coa grada de Marcador.

En canto ao contido do convenio, apuntou que unicamente se matizaron aspectos relacionados coa súa execución, referidos a súa vixencia e financiación. Cuestións menores fronte á garantía de que a Deputación asumirá o 50% do importe do proxecto aprobado polo Concello vigués.

Un convenio que, dixo, “reflexa o noso compromiso permanente coa cidade de Vigo e os vigueses”. Explicou así que a única intención da institución provincial é ofrecer as máximas garantías “técnicas e orzamentarias” co obxectivo de que Balaídos siga sendo un estadio de primeira división os vindeiros 100 anos. Mostra disto, anotou Sánchez, son os 2,5 millóns de euros que se reservan as contas provinciais do 2024 para a remodelación do estadio ou que, desde o minuto un, “puxéramos todos os recursos e medios técnicos ao noso alcance para axilizar esta obra e a firma deste convenio”.

Así, toda vez que o Concello conta co convenio que garante a financiación do 50% do proxecto por parte da Deputación, para a vicepresidenta non hai razóns que xustifiquen máis atrasos para a súa firma.

Relacionadas

O Castro British International School acollerá a World Robot Olympiad – Vigo 2024

0
O evento, organizado por Logonautas, congregará a máis dun centenar de mozos de entre 6 e 15 anos apaixonados da robótica do sur de...

Luis López destaca a importancia de festas culturais como a do Día de Colón,...

0
O presidente provincial participou na presentación dunha festa que cumpre dez anos e que se celebra os vindeiros 10 e 11 de maio en...

A Deputación atende a demanda das confrarías e agrupacións de mariscadoras e permite destinar...

0
Trátase, tal e como remarcou o presidente provincial, de “dar resposta ao clamor que nos trasladou o sector nas diferentes reunións que tivemos cos...

O alumnado do obradoiro de emprego avanza na dixitalización do arquivo municipal

0
Porremprego Cualifica II forma a 10 persoas desempregadas na implantación de tecnoloxías da información e comunicación e en economía dixital na administración Os/as dez alumnos/as...

Nova visita guiada ao Serradoiro dos Carranos, en Covelo

0
Será mañá sábado 4 de maio organizada en quendas de hora e media O Serradoiro dos Carranos abre as súas portas para acoller unha nova...

Covelo destina 386.187,35€ a mellorar espazos e servizos públicos

0
O concello pavimentará camiños municipais, mellorará edificios e cemiterios municipais, lavadoiros, parques infantís, prazas de aparcamento e depósitos de augas, entre outras intervencións O Concello...

Publicacións Relacionadas