HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación de Pontevedra leva ao Palacete das Mendoza a exposición "12...

A Deputación de Pontevedra leva ao Palacete das Mendoza a exposición “12 pinturas e 12 poemas visuais”, de Xoan Cerviño

- Anuncio -spot_img

A mostra do artista estradense abre as súas portas na sede de Turismo Rías Baixas o venres 31 de outubro e poderá visitarse ata o 16 de novembro

A Deputación de Pontevedra abre ao público este venres 31 de outubro no Palacete das Mendoza a exposición “12 pinturas e 12 poemas visuais”, de Xoan Cerviño. A mostra, protagonizada polos pinturas do artista estradense, estará dispoñible ata o 16 de novembro na sala de exposicións da sede de Turismo Rías Baixas.

Xoan Cerviño, cuxa obra pictórica e escultórica foi premiada en varias ocasións, achéganos unha proposta composta por doce pinturas nacidas da experiencia da paisaxe. Nelas tamén aparecen doce obxectos atopados e minimamente manipulados, nos que existe un sentimento ecoloxista e suxire unha poética sinxela. Para o artista non son só restos dunha “tala” de árbores ou camiños de couza en troncos, senón tamén un exemplo de resiliencia da natureza.

Os horarios de visita da mostra “12 pinturas e 12 poemas visuais” no Palacete das Mendoza serán os seguintes: de luns a venres de 8:00 a 20:00 horas, os sábados de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas, e os domingos e festivos de 10:00 a 14:00 horas.

Publicacións Relacionadas