A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, acaba de supervisar xunto co alcalde de Ribadumia, David Castro, o estado das estradas provinciais ao seu paso polo termo municipal. Na visita, a deputada provincial percorreu a estrada provincial EP-9305 Coirón-Ribadumia-Leiro co alcalde e membros da corporación local para recoller as demandas da veciñanza e as prioridades do Concello de Ribadumia co obxectivo de incorporalas á actuación que se está proxectando nesta estrada provincial, unha das grandes prioridades do goberno da vila.