HomeO SalnésO GroveA Deputación destina 116.500 euros ao Concello do Grove para impulsar proxectos...

A Deputación destina 116.500 euros ao Concello do Grove para impulsar proxectos culturais, turísticos e deportivos no 2025

- Anuncio -spot_img

Trátanse de recursos enmarcados na liña 2, de gasto corrente, do Plan +Provincia que este ano destina á vila meca máis de 914.000 euros

“Avanzamos no reparto de fondos do +Provincia, o plan de obras e servizos de competencia municipal máis ambicioso da historia da Deputación que, neste 2025, leva xa distribuídos máis de 41,1 millóns de euros”, subliñou Luis López

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar unha axuda de 116.500 euros para que o Concello do Grove poida impulsar proxectos culturais, turísticos e deportivos neste 2025. Trátanse de recursos, tal e como explicou o presidente Luis López, enmarcados na liña 2, de gasto corrente, do Plan +Provincia que este ano destina á vila meca máis de 914.000 euros.

Ao detalle, o presidente explicou que con estes recursos provinciais o Concello do Grove porá en marcha o Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey (3.000 €), o II Premio de investigación e cultura marítima Luís Rey (1.500 €), o documental As mulleres dos fíos (3.500 €), eventos culturais (20.000 €), o programa Nadal no Grove (45.000 €), o entroido do Grove (10.500 €), a promoción turística da localidade na serie Punto Nemo (18.000 €), a II Inter-Rías medio maratón (6.000 €), o campamento deportivo de verán (5.500 €), o I Trofeo Festa do Marisco de Paddle Surf (2.000 €), e as VIII Carreiras Escolares (1.500 €).

“Avanzamos –subliñou Luis López- no reparto de fondos do +Provincia, o plan de obras e servizos de competencia municipal máis ambicioso da historia da Deputación, que xa leva distribuídos máis de 41,1 millóns de euros neste 2025 entre os concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes”.

Publicacións Relacionadas