HomeO MorrazoBueuA Deputación destina 12.000 euros aos concellos de Bueu e Moaña para...

A Deputación destina 12.000 euros aos concellos de Bueu e Moaña para o fomento da igualdade e a prevención da violencia de xénero

- Anuncio -spot_img

Trátanse, tal e como explicou o presidente provincial Luis López, de recursos da liña de subvencións dirixida aos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia que ascende a 260.000  euros e da que este ano se benefician 48 concellos, “todos os que solicitaron as axudas”

Con estes recursos levaranse a cabo proxectos de sensibilización, formación e prevención da violencia machista, plans municipais de igualdade, iniciativas para mellorar a  inserción laboral das mulleres, campañas de difusión ou, entre outras, actuacións de fomento da corresponsabilidade

A Deputación de Pontevedra destina 12.000 euros aos concellos de Bueu e Moaña para o fomento da igualdade e a prevención da violencia de xénero. Trátanse, tal e como explicou o presidente provincial Luis López, de recursos da liña de subvencións dirixida aos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia que ascende a 260.000 euros e da que este ano se benefician 48 concellos, “todos os que solicitaron as axudas”.

“Somos –subliñou o presidente da Deputación de Pontevedra- un goberno comprometido coa igualdade e este ano, temos consignado 460.000 euros a dúas liñas de axudas nesta materia”. Ao respecto recordou que aos 260.000 euros aprobados na Xunta de Goberno desta semana hai que engadir outros 200.000 xa destinados a 40 entidades sociais da provincia para o fomento da igualdade e a loita contra a violencia de xénero. “Sumamos recursos e esforzos para que esta provincia sexa un lugar mellor, no que mulleres e homes teñamos as mesmas oportunidades”, remarcou Luis López.

Con estes recursos, Bueu porá en marcha o programa “Concilia Bueu 2025” e Moaña “Educar en igualdade 2025: escola de familias e sentir e pensar”, con contías que ascenden aos 6.000 euros para cada un dos concellos. En liñas xerais, tal e como explicou o presidente, dos 48 concellos beneficiarios das axudas provinciais 15 porán en marcha iniciativas de capacitación e formación en materia de igualdade e prevención da violencia machista, 13 proxectos de sensibilización e fomenta da igualdade, 11 programas de conciliación e educación en igualdade de nenas e nenos e nove traballarán na avaliación, redacción e mellora dos plans municipais de igualdade.

Publicacións Relacionadas