Home O Salnés A Illa de Arousa A Deputación destina 125.000 euros á capacitación en competencias dixitais de persoas...

A Deputación destina 125.000 euros á capacitación en competencias dixitais de persoas maiores de 50 anos da Illa de Arousa, As Neves, Cuntis, Forcarei e Moraña

- Anuncio -

Estes recursos enmárcase no “Hub para a loita contra a fenda dixital e soidade non desexada no medio rural da provincia de Pontevedra” que ten, ata o 15 de febreiro, aberto o prazo para beneficiarse do seu programa formativo

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de adxudicar, por valor de 125.000 euros, o contrato para capacitar en competencias dixitais ás persoas maiores de 50 anos da Illa de Arousa, As Neves, Cuntis, Forcarei e Moraña. Estes recursos enmárcanse no “Hub contra a fenda dixital e soidade non desexada no medio rural da provincia de Pontevedra” que ten, ata o 15 de febreiro, aberto o prazo para beneficiarse do seu programa formativo.

Tal e como explicou o presidente da Deputación Luis López en rolda de prensa, estes 125.000 que acaba de adxudicar a institución provincial distribúense en 35.000 euros para formar a 25 persoas influentes, 5 por concello, en novas tecnoloxías e impartir 7 accións formativas en cada municipio sobre administración electrónica, Sergas online, banca móbil, redes sociais ou creación de vídeos. Ademais, os outros 90.000 euros irán destinados á prestación dun servizo de xeración de contidos didácticos audiovisuais.

O “Hub contra a fenda dixital e a soidade non desexada no medio rural da provincia de Pontevedra” inclúe unha formación destinada a maiores de 50 anos para alfabetizalos dixitalmente e capacitalos en competencias dixitais co fin de facilitar as súas relacións coas administracións públicas. Ata o 15 de febreiro as persoas dos concellos da Illa de Arousa, As Neves, Cuntis, Forcarei e Moraña maiores de 50 anos poderán solicitar praza para beneficiarse do programa formativo. Tamén está aberto ata a mesma data o prazo para participar como influentes sendo, neste caso, necesario que sexan persoas maiores de idade, empadroadas no concello, destacadas a nivel municipal e con capacidade de mobilización e influencia sobre outras grazas á demostración en primeira persoa dos beneficios que lles pode reportar o uso de ferramentas dixitais.

Relacionadas

O Concello de As Neves impulsa a mellora da seguridade viaria no Camiño do...

0
O Concello de As Neves vén de anunciar o inicio dun proxecto de mellora viaria no Camiño do Pazo, situado en Tortoreos, coa finalidade...

O Concello de Ponteareas sancionará á empresa prestadora do Servizo de Axuda no Fogar

0
O Concello de Ponteareas aprobou hoxe nun pleno extraordinario sancionar á empresa que presta o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Por unanimidade de...

O BNG de Vigo tacha de “estafa política” o programa de intermediación de vivenda...

0
A fronte nacionalista afea as “falsidades” do alcalde e desvela que o programa, cun custo de 230 mil euros para dous anos, só prevé...

Aberto o prazo para solicitar a bonificación do 40% do IBI para as familias...

0
O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, informa que no 2024 foron tramitadas 82 solicitudes desta axuda  O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, recordou esta mañá...

O BNG chama a unha nova mobilización masiva en Vigo en contra da “desfeita...

0
A fronte nacionalista pide ás viguesas e vigueses que volvan encher as rúas da cidade este xoves 16 de xaneiro en apoio da manifestación...

Tui reforza a súa aposta polo medio ambiente coas obras de mellora realizadas no...

0
Investíronse 68 mil euros renovando o peche perimetral, construíndo unha nova caseta para residuos eléctricos e reforzando a sinalización O Punto Limpo de Tui, situado...

Publicacións Relacionadas