HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación destina 22.000 euros para que nove entidades sen fins de...

A Deputación destina 22.000 euros para que nove entidades sen fins de lucro de Deza e Tabeirós impulsen actividades de dinamización da lingua galega

- Anuncio -spot_img

A liña de axudas, que repartiu máis de 112.000 euros entre 44 entidades de toda a provincia, ten como obxectivo favorecer o coñecemento, a posta en valor e o uso da lingua galega por parte da cidadanía

A Deputación de Pontevedra destina este ano un total de preto de 22.000 euros a nove colectivos das comarca de Deza e Tabeirós-Terra de Montes no marco das súas axudas para o impulso de actividades de dinamización da lingua galega. No marco desta liña, cuxo reparto se aprobou na última Xunta de Goberno da institución provincial, resultaron beneficiarias un total de 44 entidades sen fins de lucro do territorio provincial, co fin de organizar accións que permitan incrementar a presenza do galego en todos os contextos.

Recibirán recursos tres colectivos da Estrada: a Fundación Cultural A Estrada 3.900 € para un programa especial co gallo das Letras Galegas, a Asociación Recreo Cultural da Estrada 2.864,67 € para o “IV Programa de Marzo Con M de Muller”, e a Asociación A Xesteira 1.575 € para “As Nosas Letras 2025”. Tamén recibirán recursos un total de catro entidades de Lalín: a Asociación Cultural Mirlotil 3.430 € para o proxecto de dinamización “La Lin Gua”, a Asociación de Veciños de San Cristovo de Camposancos 2.319,71 € para actividades de Nadal relacionadas coa lingua e o rural galego, o Grupo de Baile e Música A Carballeira 1.700 € para os “XX Premios A Carballeira á Defensa das Tradicións” e a Asociación Cultural Bolarqueira 1.050 € para “Literatura no rural 2025”. Por último, reciben recursos dous colectivos de Vila de Cruces: a Fundación Casa-Museo A Solaina de Piloño, 4.000 € para a mostra do “I Concurso de Curtametraxes Documentais Carlos Asorey Martínez”, e a Asociación Social e Cultural Garatuzas de Piloño, 1.000 € para “Garatuzas Stopmotion”.

Con estes recursos, as entidades da provincia poden realizar accións para favorecer o coñecemento, a posta en valor e o uso da lingua galega por parte da cidadanía en todos os ámbitos. Deste xeito, a Deputación  contribúe a que poidan atender a demanda que ano tras ano mantén o tecido asociativo da provincia en favor da promoción e defensa da lingua.

Publicacións Relacionadas