Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación destina 380.000€ a seguir impulsando e profesionalizando o sector turístico

A Deputación destina 380.000€ a seguir impulsando e profesionalizando o sector turístico

- Anuncio -

A institución financia os custos do persoal para a prestación do servizo de información en oficinas adheridas á rede Info Rías Baixas e apoia ás entidades que impulsan actividades de carácter turístico

No marco do “enorme esforzo por construír un destino de calidade, intelixente, sostible, dinámico e diverso”, tal e como detallou a presidenta Carmela Silva, o Goberno da Deputación vén de aprobar partidas por 380.000 € para seguir impulsando e profesionalizando o sector turístico provincial. Destes recursos, 280.000 € irán destinados a financiar os custos do persoal para a prestación do servizo de información en oficinas de turismo adheridas á rede Info Rías Baixas e outros 100.000 e a entidades que impulsan actividades de carácter turístico no 2023.

A primeira das liñas das subvencións que vén de aprobar a institución provincial está destinada aos concellos con oficinas adheridas á rede Info Rías Baixas. Nestes momentos son 33 as oficinas adscritas á rede que recibirán 280.000 €, 60.000 € máis que no 2022, para financiar os custos salariais das persoas empregadas que prestan servizos de atención ao público ou os custos derivados da contratación da prestación do servizo neses espazos.

Ademais, tamén se ten aprobado destinar 100.000 € para entidades sen fins de lucro que van promover actividades durante o 2023 que teñan por obxectivo a promoción e estímulo dun sector turístico competitivo, de calidade, accesible e sustentable, así como a promoción de recursos turísticos da provincia.

O pasado ano foron 31 entidades de 15 concellos da provincia as que se beneficiaron destas achegas e impulsaron actividades diversas relacionadas coa difusión da provincia.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

Publicacións Relacionadas