Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación destina 6.100 euros a mellorar a contorna comercial do concello...

A Deputación destina 6.100 euros a mellorar a contorna comercial do concello de Forcarei con prazas de aparcamento accesibles

- Anuncio -

A actuación, enmarcada no proxecto “Da túa man” (rural II), conta cun orzamento total de case 50.000 euros para 9 concellos da provincia

A Deputación de Pontevedra vai contratar a instalación de prazas de aparcamento reservadas e accesibles e xardineiras na contorna comercial do concello de Forcarei cun orzamento de 6.122 euros ao abeiro do proxecto “Da túa man” (rural II), o programa de apoio á actividade comercial a hostaleira local do rural da provincia. A iniciativa busca asegurar que os municipios conten con estacionamentos específicos para persoas con discapacidade, debidamente sinalizados e co tamaño adecuado. Ademais, contemplase embelecer a zona comercial con xardineiras, o que axudará ás persoas con discapacidade visual a orientarse na área. En concreto, no concello de Forcarei dotarase de accesibilidade a unha das prazas de aparcamento en liña existentes na estrada N-541 fronte ao Peto das Ánimas, concretamente na marxe da Praza dos Gaiteiros, e incluiranse seis xardineiras nas inmediacións para delimitar e embelecer a zona comercial.

En total, son case 50.000 euros os destinados no conxunto da provincia a esta actuación, que permitirán instalar prazas de aparcamento accesibles e xardineiras nas contornas comerciais de outros oito concellos, ademais de Forcarei: Arbo, Campo Lameiro, Cuntis, Meis, Mondariz, As Neves, Pontecesures e Rodeiro. “Da túa man” (rural II), dotado con 500.000 euros e financiado cos fondos Next Generation, busca visibilizar e modernizar ao pequeno comercio e á hostalería local adaptándoo aos novos hábitos de consumo a través da implantación e uso das novas tecnoloxías e o desenvolvemento de prácticas que promovan a economía circular, así como unha mellora no acondicionamento dos espazos que sirva para ofrecer un servizo óptimo á poboación local e de foco de atracción de visitantes. Así mesmo, preténdese crear vínculos en toda a cadea de valor do comercio local e o produto de km 0.

Ademais desta iniciativa que acaba de lanzar a Deputación, “Da túa man (rural II)” abrangue outros proxectos como a instalación de illas ecolóxicas con contedores e de dispositivos para a reciclaxe de residuos especiais, a posta en marcha dunha rede de comercio retallista, produtores locais e provedores, a instalación de sinalética integrada, a promoción de bolsas e mochilas sostibles, a posta en marcha de campañas de comunicación e promoción en soportes dixitais e diferentes accións formativas.

Relacionadas

0
Raigame alcanza a súa 21ª edición situándose como “un dos tesouros etnográficos de Ourense”, tal e como a define o presidente provincial, Luis Menor Vilanova...

Máis de 200 deportistas de toda España e Portugal disputarán a cuarta edición da...

0
Este evento deportivo, que conta co apoio da Deputación a través do Inorde e da Axencia de Turismo de Galicia, disputarase este domingo, 12...

O consistorio dota de sanemento a PonteCabaleiros e Urzal

0
As obras consistiron en dotar de saneamento a barrios da parroquia de Barcela en Arbo, que carecían do mesmoAs obras, cuio importe ascendeu a...

O vicepresidente Rafa Domínguez presenta “Unha árbore cae”, a publicación editada pola Deputación que...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra “Unha árbore cae”, a publicación editada...

O concello de Bueu recibe aos alevíns do Club do Mar Bueu polos éxitos...

0
Dende o consistorio déronlles os parabéns polo 6º posto acadado no LXXXI Campionato de España de Bateis O Concello de Bueu organizou esta tarde un...

A Deputación concede preto de 50.000 € a Ponte Caldelas para reparar o campo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,5 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes...

Publicacións Relacionadas