Free Porn
xbporn
Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación destina 6.500 euros a mellorar a contorna comercial do concello...

A Deputación destina 6.500 euros a mellorar a contorna comercial do concello de Rodeiro con prazas de aparcamento accesibles

- Anuncio -

A actuación, enmarcada no proxecto “Da túa man” (rural II), conta cun orzamento total de case 50.000 euros para 9 concellos da provincia

A Deputación de Pontevedra vai contratar a instalación de prazas de aparcamento reservadas e accesibles e xardineiras na contorna comercial do concello de Rodeiro cun orzamento de 6.481 euros ao abeiro do proxecto “Da túa man” (rural II), o programa de apoio á actividade comercial a hostaleira local do rural da provincia. A iniciativa busca asegurar que os municipios conten con estacionamentos específicos para persoas con discapacidade, debidamente sinalizados e co tamaño adecuado. Ademais, contemplase embelecer a zona comercial con xardineiras, o que axudará ás persoas con discapacidade visual a orientarse na área. En concreto, no concello de Rodeiro dotarase de accesibilidade a unha das prazas de aparcamento en batería existentes na intersección da rúa da Piscina coa rúa A, e incluiranse seis xardineiras ao outro lado da rúa A, fronte á praza, concretamente na travesía da Clínica para delimitar e embelecer a zona comercial.

En total, son case 50.000 euros os destinados no conxunto da provincia a esta actuación, que permitirán instalar prazas de aparcamento accesibles e xardineiras nas contornas comerciais de outros oito concellos, ademais de Rodeiro: Arbo, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves e Pontecesures. “Da túa man” (rural II), dotado con 500.000 euros e financiado cos fondos Next Generation, busca visibilizar e modernizar ao pequeno comercio e á hostalería local adaptándoo aos novos hábitos de consumo a través da implantación e uso das novas tecnoloxías e o desenvolvemento de prácticas que promovan a economía circular, así como unha mellora no acondicionamento dos espazos que sirva para ofrecer un servizo óptimo á poboación local e de foco de atracción de visitantes. Así mesmo, preténdese crear vínculos en toda a cadea de valor do comercio local e o produto de km 0.

Ademais desta iniciativa que acaba de lanzar a Deputación, “Da túa man (rural II)” abrangue outros proxectos como a instalación de illas ecolóxicas con contedores e de dispositivos para a reciclaxe de residuos especiais, a posta en marcha dunha rede de comercio retallista, produtores locais e provedores, a instalación de sinalética integrada, a promoción de bolsas e mochilas sostibles, a posta en marcha de campañas de comunicación e promoción en soportes dixitais e diferentes accións formativas.

Relacionadas

O BNG insta a Igrexa e concello a desbloquear as negociacións sobre o futuro...

0
Van xa moitos meses da licitación das obras de acondicionamento da marxe esquerda da rúa Ameixeiras, que permitirá no futuro, mediante a creación dunha...

Salvaterra ofrece un obradoiro de alfabetización dixital e financieira para maiores a través do...

0
O Concello de Salvaterra de Miño organiza en colaboración coa asociación Secot unha formación en novas tecnoloxías para maiores dentro do programa “Conectando Mayores”.O...

Mos vólcase co comercio local e suma a nova Mesa Local do Comercio a...

0
O Concello constitúe este órgano colexiado co que só contan 168 dos 315 municipios galegos A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira mosense...

O compromiso ambiental de Tomiño recolle 85 quilos de lixo da contorna dos ríos

0
Persoas voluntarias e escolares sumáronse á limpeza do Pego, Cereixo e Cerradas ao abeiro da limpeza simultánea impulsada pola Asociación Adega Tomiño amosou unha vez...

Luisa Sánchez destaca o “poder transformador da cultura e da arte” na inauguración da...

0
A vicepresidenta provincial remarcou o compromiso da institución co “talento creativo da provincia” na apertura da mostra “Sobre debuxar, fiar e habitar”, que poderá...

Luis Menor felicita a Telecinco Cinema polo Premio OUFF Televisión

0
O presidente provincial pon en valor a cooperación forxada entre a Deputación e Mediaset, manifestando a súa confianza en que con este novo recoñecemento...

Publicacións Relacionadas