HomeTabeirósCerdedo - CotobadeA Deputación destina máis de 230.000 € para mellorar estradas provinciais e...

A Deputación destina máis de 230.000 € para mellorar estradas provinciais e vías municipais en Cerdedo-Cotobade e Vilanova de Arousa

- Anuncio -spot_img

“Seguimos sumando recursos para que os concellos da provincia conten con infraestruturas públicas, estradas e vías municipais do século XXI”, remarcou o presidente provincial Luis López

A Xunta de Goberno adxudica o contrato para a mellora da iluminación pública na estrada provincial EP-0405 entre Xesteira e Almofrei, en Cerdedo-Cotobade, por 220.000 €

Vilanova de Arousa recibe 12.500 € do Plan +Provincia para a pavimentación de vías en Fontenla e Paderne

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar recursos por valor de máis de 230.000 € para a mellora de estradas provinciais e vías municipais en Cerdedo-Cotobade e Vilanova de Arousa. “Seguimos sumando recursos –asegurou o presidente provincial Luis López- para que os concellos da provincia conten con infraestruturas, servizos, estradas e vías municipais do século XXI”.

Tal e como informou o presidente, a Xunta de Goberno acaba de aprobar a adxudicación do contrato para a mellora da iluminación pública na estrada provincial EP-0405 Xesteira-Almofrei, en Cerdedo-Cotobade, por valor de 220.000 €. “Unha estrada na que, como sabedes, investimos xa 1 millón de euros no seu ensanche e mellora, a través dunhas obras que rematamos en maio deste mesmo ano”, subliñou López quen engadiu que a actuación, que acaba de ser adxudicada, permitirá renovar o alumeado no primeiro quilómetro e medio da vía, para mellorar a iluminación tanto dos itinerarios peonís como da zona de tránsito rodado. Tamén recordou que se trata dunha actuación moi demandada, que contribuirá a solucionar os problemas de seguridade viaria detectados ao contar con instalacións de alumeado obsoletas e insuficientes.

Xunto cos recursos dirixidos a Cerdedo-Cotobade, aprobárosne achegas do Plan +Provincia para a mellora de vías municipais, neste caso de Vilanova de Arousa. Trátanse de 12.500 € cos que a localidade poderá facer fronte á pavimentación de vías en Fontenla e Paderne.

Publicacións Relacionadas