Os recursos enmárcanse nas axudas provinciais dirixidas a entidades sen ánimo de lucro para a posta en marcha de actividades culturais, dotadas con 300.000 euros e das que neste 2025 se benefician 229 entidades da provincia
“Nunha semana mobilizamos medio millón de euros para o impulso da cultura da provincia”, remarcou o presidente Luis López quen recordou que están xa operativas as novas axudas, dotadas con 200.000 €, para que agrupacións musicais adquiran e reparen instrumentos e vestiario
A Deputación de Pontevedra destina máis de 51.000 euros a 40 entidades de Agolada, A Estrada, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces para a realización de actividades culturais. Estes recursos enmárcanse nas axudas provinciais dirixidas a entidades sen ánimo de lucro para posta en marcha de actividades culturais, dotada con 300.000 euros e das que neste 2025 se benefician 229 entidades da provincia. “Nunha semana mobilizamos medio millón de euros para o impulso da cultura da provincia”, remarcou o presidente Luis López quen recordou que xa están operativas as novas axudas, dotadas con 200.000 euros, para que agrupacións musicais adquiran e reparen instrumentos e vestiario.
Nas comarcas do Deza e Terra de Montes benefícianse destas axudas a Coral Polifónica de Agolada e a Banda de Música da mesma localidade; a Asociación Camba Sustentable e O Falar das Pedras, de Rodeiro; a Asociación Cultural Vello dos Cornos e Merzabrass de Vila de Cruces; nove entidades da Estrada: Coral Polifónica de Berres, A Xesteira, Tempos de Lume na Lareira, a Asociación Cultural Guimarei, a Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo, o Recreo Cultural, a Fundación Cultural A Estrada, O Recuncho da Lingua e a Asociación veciñal, cultural e deportiva Santa María de Aguións; outras nova entidades de Silleda: Banda de Música, Sons de Trasdeza, Festibandeira, Copa do Castro, Xirandola, Amigos da Banda de Música, a Asociacíon Feiral Semana Verde de Galicia, A Costa e O Son da Fervenza; e 16 asociacións de Lalín: Ballet e danza do Deza, Banda de Música de Vilatuxe, ADEFAM, Bolarqueira, Carballeira de Cercio, O Naranxo, Maisquedanza, Viarum Dezae, A Carqueixa, Coral Polifónica de Lalín, Sociedad musical de Muimenta, Nova banda de música de Vilatuxe, e as asociacións culturais e veciñais San Pedro Félix da Xesta, Fonte de Lalín de Arriba e San Bartolomé de Botos.
As entidades recibirán recursos que oscilan entre os 213 euros e os 2.500 euros para poñer en marcha intercambios culturais con diferentes lugares do territorio nacional e internacional (Madrid, País Vasco, Valencia e Francia), festivais de bandas de música, concertos, semanas culturais, exposicións, romarías cabalares, festivais folclóricos, xornadas musicais, festivais de baile, concursos literarios, encontros culturais e musicais e celebración de galas.