HomePontevedraBarroA Deputación destina máis de 70.000 euros a 51 entidades de Barro,...

A Deputación destina máis de 70.000 euros a 51 entidades de Barro, Caldas de Reis, Cerdedo-Cotobade, Cuntis, Marín, Moraña, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa para a realización de actividades culturais

- Anuncio -spot_img

Os recursos enmárcanse nas axudas provinciais dirixidas a entidades sen ánimo de lucro para a posta en marcha de actividades culturais, dotadas con 300.000 euros e das que neste 2025 se benefician 229 entidades da provincia

“Nunha semana mobilizamos medio millón de euros para o impulso da cultura da provincia”, remarcou o presidente Luis López quen recordou que están xa operativas as  novas axudas, dotadas con 200.000 €, para que agrupacións musicais adquiran e reparen instrumentos e vestiario

A Deputación de Pontevedra destina máis de 70.000 euros a 51 entidades de Barro, Caldas de Reis, Cerdedo-Cotobade, Cuntis, Marín, Moraña, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa para a realización de actividades culturais. Estes recursos enmárcanse nas axudas provinciais dirixidas a entidades sen ánimo de lucro para posta en marcha de actividades culturais, dotada con 300.000 euros e das que neste 2025 se benefician 229 entidades da provincia. “Nunha semana mobilizamos medio millón de euros para o impulso da cultura da provincia”, remarcou o presidente Luis López quen recordou que xa están operativas as novas axudas, dotadas con 200.000 euros, para que agrupacións musicais adquiran e reparen instrumentos e vestiario.

Na contorna de Pontevedra benefícianse das axudas a Asociación Cultural de Cobres, en Vilaboa; as Asociacións O Torreiro de Forzáns e Das Miñas Mans de Ponte Caldelas; Néboa e Umia Vivo de Caldas de Reis; tres entidades de Barro entre as que se atopan o Grupo de Danzas Amor Ruibal, San Breixo de Barro, Espazo 16; catro de Moraña: Romería Cabalar, Amigos do Acibal, Romaría de Santa Xusta e a Asocaición veciñal, deportiva e cultural de Moraña; seis entidades de Cuntis entre as que se sitúan Cantares das Burgas, a Asociación muncicpal de música e baile tradicional, Hai que roelo, Belle Epoque, Río Gallo, e a Asociacón rural dos veciños de Piñeiro; outras seis de Marín: Asociación Galega da Formación do Profesorado, Oubiñas, Ateneo Santa Cecilia, Por un Museo do Mar para Marín, Santo Tomé de Piñeiro e No Estamos Solos Marín; tamén seis de Cerdedo-Cotobade: Os Trazantes, Banda de Música de Cerdedo, Foula, Sons do Coto, Escola de Música de Cerdedo e Banda de Música de Tenorio; e sete de Poio: Asociación Cultural Gaiteiro Manuel Villanuevba, Xingros Big Band, Leucoíña; Combrus, A Arrancadeira, Ateneo Corredoira e Cuna da Moura.

No que respecta á cidade de Pontevedra, son doce as entidades beneficiarias das axudas entre as que se encontran Corvillón das Resortes, O Chopo, Genova, Amigos de Pontevedra, Gaming Troop, Emigrason, Gaiteiros Os Algures, Danza e Teatro Cafuné, a Asociación de Empresarios de Pontevedra, Sete Espadelas, a Asociación para el desarrollo educativo y cultural e a Filharmónica de Pontevedra.

As entidades recibirán recursos que oscilan entre os 362 euros e os 2.500 euros para poñer en marcha intercambios culturais con diferentes lugares do territorio nacional e internacional (Italia, Portugal, País Vasco, Asturias e Castela e León), así como exposicións, festivais musicais, mostras de artesanía, romarías cabalares, semanas culturais, mostras de teatro, roteiros e xuntanzas .

Publicacións Relacionadas