Estes recursos enmárcanse na liña de axudas para as oficinas de información turística da rede provincial Info Rías Baixas, que este ano ascenden a preto de 260.000 euros, 30.000 euros máis que no 2024, e benefician a un total de 29 oficinas, tres máis que o pasado ano
“O turismo é un sector económico fundamental para a provincia e estamos traballando, con liñas de axudas como esta, para impulsar a súa profesionalización e para que os visitantes vivan unha experiencia única e non dubiden cando lles preguntemos Cando volves?”, asegurou o presidente da Deputación
A Deputación de Pontevedra destina este ano preto de 104.000 euros ás oficinas de información turística da rede Info Rías Baixas situadas en Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Ribadumia, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa. Estes recursos enmárcanse na liña de axudas para as oficinas de información turística da rede provincial Info Rías Baixas, que acaban de ser aprobadas, este ano ascenden a preto de 260.000 euros -30.000 euros máis que no 2024- e benefician a un total de 29 oficinas, tres más que o pasado ano.
As oficinas do Morrazo que se benefician desta liña de axudas trátanse da oficina de turismo de Cambados; da oficina de turismo do Grove; do punto de información turística da Illa de Arousa-Museo da Conserva; do punto de información turística de Dena en Meaño; do punto de información turística de Ribadumia; da oficina de turismo de Sanxenxo; da oficina de turismo de Vilagarcía de Arousa e do punto de información turística do Museo do Ferrocarril no mesmo concello; e da oficina de Turismo Mar de Santiago e do punto de información turística Casa- Museo Valle Inclán, ambas en Vilanova, con recursos que oscilan entre os preto de 6.000 e os 14.000 euros. “O turismo –asegurou o presidente da Deputación- é un sector económico fundamental para a provincia e estamos traballando, con liñas de axudas como esta, para impulsar a súa profesionalización e para que os visitantes vivan unha experiencia única e non dubiden cando lles preguntemos Cando volves?” Neste eido, López recordou que estas achegas van dirixidas a financiar o servizo de información e atención ás persoas que visitan a provincia de Pontevedra nas oficinas da rede Info Rías Baixas.
Ademais destas oficinas da contorna do Salnés e de Arousa, neste 2025 reciben axudas oficinas de turismo e puntos de información turística situados nos concellos de Baiona, Bueu, Cangas do Morrazo, A Estrada, A Guarda, Marín, Moaña, Mondariz-Balneario, As Neves, Nigrán (oficina de turismo Dunas de Gaifar e punto de información turística Val Miñor – A Ramallosa), Oia, Poio, Ponteareas, O Porriño, Redondela, Silleda, Soutomaior e Tui.