HomeO SalnésA Illa de ArousaA Deputación destina preto de 130.000 euros das Axudas Básicas de Emerxencia...

A Deputación destina preto de 130.000 euros das Axudas Básicas de Emerxencia para os concellos da comarca do Salnés

- Anuncio -spot_img

Cada concello de menos de 20.000 habitantes recibirá entre 9.300 e 14.000 euros para sufragar gasto corrente e afrontar investimentos para apoiar a persoas en situación ou risco de exclusión social

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar o reparto de preto de 130.000 euros para que os 11 concellos da comarca do Salnés de menos de 20.000 habitantes poidan atender as necesidades urxentes de persoas que se atopen en situacións ou risco de exclusión social. Como explicou o presidente provincial, Luis López, son as coñecidas como Axudas Básicas de Emerxencia, “unha liña de achegas para apoiar a aquelas persoas que máis o precisan, e que demostran o noso firme compromiso cos máis vulnerables, poñendo especial atención na mellora da súa calidade de vida e da súa autonomía persoal”. En total, a Deputación de Pontevedra destinará este ano 615.000 euros para os 51 concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia.

Cada un dos concellos da comarca do Salnés recibirá entre 9.300 e 14.000 euros, en función do número de habitantes que teñan e doutros indicadores, entre os que se atopan a taxa de desemprego, a dependencia ou a renda. Dos 128.050 euros aprobados, 92.850 permitirán aos concellos sufragar gasto corrente, como alimentación, uso da vivenda ou pagamento de servizos e subministros básicos, entre outros, mentres que o resto, 35.200 €, irá destinado a afrontar investimentos como actuacións de mellora en vivendas de persoas vulnerables, entre outras moitas iniciativas.

Por concellos, A Illa de Arousa benefíciase de 7.800 euros, Cambados de 13.300 €, Catoira 9.300 €, Meaño 12.800 €, Meis 10.800 €, O Grove 13.300 €, Pontecesures 9.300 €, Ribadumia 11.800 €, Sanxenxo 14.050 €, Valga 11.800 € e de Vilanova de Arousa 13.800 €.

Publicacións Relacionadas