HomeO MorrazoBueuA Deputación destina preto de 200.000 euros a políticas sociais nos concellos...

A Deputación destina preto de 200.000 euros a políticas sociais nos concellos de Bueu e Moaña

- Anuncio -spot_img

A Xunta de Goberno aprobou esta semana as bases do Plan de Cofinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais e das Axudas Básicas de Emerxencia

Os concellos de Bueu e Moaña recibirán ata 197.000 de euros da Deputación de Pontevedra para facer fronte a políticas sociais ao abeiro do Plan de Cofinanciamento dos servizos sociais comunitarios municipais e das Axudas Básicas de Emerxencia para 2025. A Xunta de Goberno da institución provincial acaba de aprobar as bases destas liñas de axuda que contan cun investimento total próximo aos 4 millóns de euros, 230.000€ máis que o pasado ano.

En concreto, no relativo á primeira convocatoria, centrada nos Servizos Sociais Comunitarios, a Deputación pon a disposición destes concellos 169.500 euros. Destes, 63.700 euros estarán destinados a sufragar a prestación directa do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), un servizo que atende a persoas maiores e con discapacidade, especialmente cando carezan de apoio persoal no seu medio inmediato, e outros 105.700 euros estarán destinados a cubrir os custos do persoal dos Servizos Comunitarios. En concreto, Bueu recibirá ata 66.501 euros e Moaña 103.000 euros.

No que respecta á segunda liña de subvencións aprobada, as Axudas Básicas de Emerxencia (ABE), o Goberno provincial pon a disposición dos concellos da comarca do Morrazo 27.000 euros, para que poidan atender ás demandas da cidadanía que se atope en situación ou risco de exclusión social, con especial atención a quen teña menores ao seu cargo. Neste caso, Bueu ten dispoñibles ata 13.300 euros e Moaña 14.050 euros.

As axudas destinaranse a alimentación, vivenda subministros básicos, produtos e servizos de hixiene e limpeza, pagamento de produtos farmacéuticos, á adquisición de electrodomésticos básicos, pagamento de desprazamentos, pagamento da reparación e mantemento de vehículos, pagamento de lentes, lentes de contacto e audiófonos, pagamento de gastos derivados de tratamentos de odontoloxía, pagamento de produtos de apoio, atencións de carácter complementario e, entre outras, para adquisición de roupa e calzado, axudas ao estudo e de apoio á infancia.

Publicacións Relacionadas