HomeTabeirósA EstradaA Deputación destina recursos do +Novaqua a dúas comunidades de usuarios de...

A Deputación destina recursos do +Novaqua a dúas comunidades de usuarios de augas da Estrada e Agolada para a regularización das traídas veciñais

- Anuncio -spot_img

Trátase das comunidades de usuarios de augas Manantial Eira Vella, de Agolada, e  Montillón de Arriba, da Estrada, que recibirán preto de 7.000 €. No conxunto da provincia benefícianse desta liña de axudas, que ascende a 300.000 €, 61 comunidades de augas

+Novaqua é unha das tres liñas de axudas dirixidas ao movemento veciñal postas en marcha polo goberno da Deputación de Pontevedra, dotadas neste 2025 coa cifra récord de 5 millóns de euros

A Deputación de Pontevedra aprobou destinar recursos do +Novaqua a dúas comunidades de usuarios de augas da Estrada e Agolada para a regularización das traídas veciñais. Trátase das comunidades de augas Manantial Eira Vella, de Agolada, e Montillón de Arriba, da Estrada, que recibirán en conxunto preto de 7.000 euros. En total, benefícianse dos 300.000 € cos que se dotou a liña de axudas +Novaqua 61 comunidades de augas da provincia.

Foron 85 as comunidades de usuarios de auga que presentaron solicitudes para optar ás axudas +Novaqua. Delas 9 quedaron excluídas por non posuír os requisitos fixados nas bases da convocatoria e outras 7 non presentaron a documentación no prazo esixido nin emendaron a solicitude. Ao ser maior a demanda que o crédito dispoñible, pese a incrementar a súa dotación dos 100.000 € iniciais aos 300.000 €, foi preciso, tal e como recollen as bases das axudas, realizar un sorteo a través do cal se seleccionaron as 61 comunidades de augas beneficiarias.

“A elevadísima demanda destas axudas está a poñer enriba da mesa a necesidade existente entre o movemento veciñal e asociativo, ignorado polo anterior goberno provincial”, asegurou o presidente da Deputación Luis López quen manifestou a vontade de “seguir apostando polo tecido asociativo, impulsando plans e programas específicos que permitan dar respostas ás súas necesidades”. Neste eido, o presidente provincial recordou que +Novaqua é unha das tres liñas de axudas dirixidas ao movemento veciñal postas en marcha polo goberno da Deputación: Provincia Comunitaria, +Aqua e +Novaqua, dotadas neste 2025 coa cifra récord de  5 millóns de euros.

Publicacións Relacionadas