HomeA ParadantaA CañizaA Deputación destinará preto de 500.000 euros a 47 clubs deportivos da...

A Deputación destinará preto de 500.000 euros a 47 clubs deportivos da Cañiza, Gondomar, Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, Ponteareas, O Porriño, Redondela, O Rosal e Vigo que participan en competicións oficiais de ámbito estatal

- Anuncio -spot_img

“Este é un goberno comprometido co deporte e avanza, de xeito imparable, para converter Pontevedra na provincia do deporte”, remarcou o presidente da Deputación Luis López

Ata 76 entidades de 24 concellos da provincia benefícianse desta liña de axudas do organismo provincial dotada con 900.000 €

A Deputación destinará preto de 500.000 euros a 47 clubs deportivos da Cañiza, Gondomar, Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, Ponteareas, O Porriño, Redondela, O Rosal e Vigo que participan en competicións oficiais de ámbito estatal. En liñas xerais, son 76 as entidades de 24 concellos da provincia que se benefician desta liña de axudas do organismo provincial dotada con 900.000 €. “Este é un goberno comprometido co deporte e avanza, de xeito imparable, para converter Pontevedra na provincia do deporte”, remarcou o presidente da Deputación Luis López.

Na contorna de Vigo e do sur da provincia benefícianse destas axudas provinciais o Club Balonmán da Cañiza, o Club Tenis de Mesa de Mos, a Asociación recreativa ciclismo Oiense de Oia, a Sociedade deportiva de Pazos de Borbén, a Asociación Deportiva Avanza do Porriño e a Sociedade Deportiva Atlética Nóvas do Rosal. Tamén os clubs de Gondomar Agrupación deportiva Vincios e Lóstrego; os de Nigrán Club Gallego de Surf e Escola Deportiva Val Miñor; ademais de cinco clubs de Ponteareas entre os que se atopan o Club Ciclista Ponteareas, o Club de billar deportivo, o club de natación, o Hoquei Club e o Pontebike Team; e outros cinco de Redondela como o CD Choco, Meigarco, Redondela Fútbol Sala, Sociedad Atlética de Redondela e Team Cycling. Todos eles reciben contías entre os 1.630 e os 25.000 euros.

Pola súa banda, da cidade de Vigo son 27 os clubs deportivos beneficiarios das axudas provinciais: Asociación Deportiva Famu, Club Atletismo Feminino Celta, Club Baile Deportivo Pasos-Baile Galicia, Club Balonmán Reconquista, Club Bowling Celta, Club Ciclista Bici Verde, Club Ciclista Coruxo, Club Ciclista Vigués, Club Cíes Squash, Club de baloncesto Seis do Nadal, Club de esgrima de Vigo El Olivo, Club Deportivo Delikia, Club Deportivo Freestyle Slalom, Club Deportivo IES Coruxo, Club Deportivo Old School Boxing, Club Deportivo Valladares, Club Deportivo Xuvenil Teis, Club Escola Rosalía, Club Maniotas, Club Sociedad Deportiva Carballal, Club Vigo Voleibol, Club Volei Praia Vigo, Gran Peña FC, Illas Cíes Tenis de Mesa, Real Club Celta de Atletismo, Sárdoma FC e Traviesas Hockey Club. Todos eles reciben contías que abranguen entre os 2.315 e os 30.000 euros.

Nesta semana, a Deputación de Pontevedra aprobou axudas para o deporte por valor de preto de 1,5 millóns de euros dirixidas tanto aos clubs que participan en competicións oficiais de ámbito estatal como a aquelas entidades deportivas que organizan eventos e competicións. Neste último caso, ata 153 clubs deportivos recibirán este ano 550.000 €, 50.000 € máis que o pasado ano, para organizar competicións deportivas federadas oficiais de todos os ámbitos territoriais.

Publicacións Relacionadas