Home O Morrazo Bueu A Deputación e Igualarte levan ata cinco concellos da provincia un espectáculo...

A Deputación e Igualarte levan ata cinco concellos da provincia un espectáculo de danza e teatro interpretado por persoas con diversidade funcional

- Anuncio -

A compañía teatral Al Lío representará a peza “HabitarMe” este mes de xuño nos concellos de Bueu, Cambados, Salceda de Caselas, Gondomar e Redondela

A Deputación de Pontevedra e a Fundación Igualarte, que desde o ano 2002 traballa para que as persoas con diversidade funcional poidan expresarse de maneira artística, levarán o espectáculo de danza e teatro “HabitarMe” neste mes de xuño a cinco concellos da provincia. A peza estará interpretada polas persoas da entidade que integran Al Lío, a compañía teatral ao abeiro da fundación, e a xira desenvolverase do 10 ao 25 de xuño polos concellos de Bueu, Cambados, Salceda de Caselas, Gondomar e Redondela.

Al Lío é unha compañía de teatro, danza e expresión corporal que cuestiona a relación entre o corpo e a mente a través de historias da vida cotiá dende unha perspectiva feminista. Neste proxecto as súas integrantes interpretan “HabitarMe”, unha peza de danza-teatro que trata sobre mulleres diversas, ben habitadas, que fan, que cuestionan, que están incómodas, que optan por moverse da seguridade do preestablecido porque descobren que hai outras formas que as definen. A obra fala da dialéctica do non parar, non pensar, non sentir e de súpeto un crack, unha pausa, un alento máis longo do habitual, onde nacen as ganas. Dirixida por María Romano, a peza será interpretada por Helena Cuber, Eva García, Vanesa Lea e Carmen Gómez.

“HabitarMe”, con entrada libre ata completar o aforo, arrancará o sábado 10 de xuño no Centro Social do Mar de Bueu, onde o espectáculo comezará ás 21.30 horas. Ao día seguinte, o domingo 11, chegará a Cambados coa función no Auditorio Municipal ás 20.00 horas. Posteriormente, o espectáculo desenvolverase o domingo 18 no Auditorio Municipal de Salceda de Caselas, ás 20.00 horas e o sábado 24 no Auditorio Luis Tobío de Gondomar, tamén ás 20.00 horas. O ciclo pecharase en Redondela o domingo 25, coa función no Auditorio Multiusos da Xunqueira ás 19.00 horas.

Relacionadas

O programa Navega con Rumbo chega ao IES VAL DO TEA

0
A Escola de Nais e Pais do IES Val do Tea acolle a súa segunda xornada. O programa Navega con Rumbo da Consellería de...

O BNG de Meaño lamenta que os grupos da corporación municipal non apoiaran a...

0
A Alcaldía non admitiu a debate a moción de urxencia sobre os verquidos do Río da Chanca. O BNG de Meaño defendeu no Pleno celebrado...

Luis López sinala o turismo e a hostalaría como dous motores para o desenvolvemento...

0
O presidente da Deputación participa na entrega de premios aos profesionais do sector que organizan as asociacións provinciais de empresarios da hostalaría e hospedaxe A...

Abre a presentación de ofertas para explotar o Bar de Portocelo

0
A concesión será por dous anos, con posibilidade de prórroga doutros dous, cunha proposta de renda mensual de 236 euros, máis IVE. O prazo...

Ampliase o prazo do sorteo de 100 tarxetas regalo polo Día da Nai

0
O Concello ampliou o sorteo de tarxetas regalo ata o 5 de maio, a partir de 30 euros de compra. As persoas participantes poderán...

Abre a convocatoria de participación na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu vén de...

Publicacións Relacionadas