Home Pontevedra Caldas A Deputación e o Concello de Valga supervisan o avance do proxecto...

A Deputación e o Concello de Valga supervisan o avance do proxecto que se está a redactar para a estrada provincial EP-8501 Valga-Os Martores

- Anuncio -

Edificio Administrativo da Deputación, 26 de setembro de 2024. A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación da Deputación de Pontevedra, Isabel Couselo, reuniuse no Edificio Administrativo da institución provincial co alcalde de Valga, José María Bello Maneiro, e outros membros do goberno municipal, co fin de abordar o avance do proxecto que se está a redactar para as estradas provinciais EP-8501 Valga-Os Martores e a EP-8502 Valga-Baño.

Esta actuación trátase dunha obra de vital importancia e prioridade para o Concello de Valga, tal e como recordou a deputada provincial, que permitirá mellorar unha contorna na que se sitúa a Casa da Cultura e o enlace coa N-550, na EP-8501, e continuar na EP-8502 Valga-Baño cara a contorna dos colexios e da escola infantil. En concreto, en ambas vías provinciais efectuaranse traballos para optimizar a seguridade viaria e a mobilidade peonil neste espazo de elevada confluencia de persoas.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

BlackBird Barber Concept brilla nos Premios SOYBARBUDO e fai historia na Barber League

0
A barbaría porriñesa fíxose con tres estrelas no reputado circuíto nacional SoyBarbudo, que destaca as mellores do paísIgor Drodzov alzouse co premio ao Mellor...

O Concello de Nigrán ofrecerá este venres o concerto do cuarteto de clarinetes da...

0
Terá lugar na capela da Alameda de San Campio ás 20:00 horas O Concello de Nigrán ofrecerá este venres 6 de decembro o concerto do...

Publicacións Relacionadas