HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación e SEGITTUR organizan  este xoves en Ribadumia a xornada “Enoturismo...

A Deputación e SEGITTUR organizan  este xoves en Ribadumia a xornada “Enoturismo intelixente: da estratexia á acción”

- Anuncio -spot_img

A xornada, que terá lugar entre as 10:00 e as 13:30 horas, desenvolverase en Lagar de Pintos e concentrará a expertos en enoturismo do conxunto do país. O presidente da Deputación, Luis López, e o de Segittur, Enrique Martínez, serán os encargados de clausurala

Durante a sesión crearase o Grupo de Traballo de Enoturismo Intelixente, que aspira a converterse nunha rede colaborativa estable entre os destinos participantes na Plataforma Intelixente de Destinos

A Deputación de Pontevedra colabora coa Sociedade Mercantil Estatal para a Xestión da Innovación e as Tecnoloxías Turísticas (SEGITTUR) na organización este xoves, 17 de xullo, da xornada “Enoturismo intelixente: da estratexia á acción. Caso de uso e experiencias en destinos” en Ribadumia. O evento, en formato presencial e en streaming, terá lugar en Lagar de Pintos e concentrará a expertos en enoturismo do conxunto do país. O presidente da Deputación, Luis López, o e o de Segittur, Enrique Martínez, serán os encargados de clausurala ás 13:15 horas.

A xornada, que comezará ás 10:00 coa benvida a cargo da deputada de Turismo, Nava Castro, e o presidente de Segittur, Enrique Martínez, servirá para crear o Grupo de Traballo de Enoturismo Intelixente, que aspira a converterse nunha rede colaborativa estable entre os destinos participantes na Plataforma Intelixente de Destinos. Neste eido, explicaranse tanto os obxectivos deste grupo, como aspectos relacionados coa gobernanza, unha proposta de calendario de traballo e convidarase aos destinos interesados a formar parte desta iniciativa.

Ademais, durante a sesión tamén se darán a coñecer os avances logrados en enoturismo, analizando as experiencias de destinos pioneiros, así como as bases técnicas de interoperabilidade, os proxectos en curso e as ferramentas dixitais aplicadas a esta modalidade de turismo. Participarán representantes do Basque Culinary Center, de Segittur, da oficina Estratéxica da Plataforma Intelixente de Destinos, do Grupo de Traballo “Semántica” en Smart Cities, e de destinos de Galicia, do País Vasco, Madrid, A Rioxa e, entre outros moitos, Andalucía.

Publicacións Relacionadas