HomeTabeirósCerdedo - CotobadeA Deputación impulsa a transición cara unha xestión enerxética máis sostible de...

A Deputación impulsa a transición cara unha xestión enerxética máis sostible de Cerdedo-Cotobade e anuncia a instalación dunha planta fotovoltaica nos pavillóns de Carballedo e Tenorio

- Anuncio -spot_img

O deputado provincial, Javier Tourís, fixo entrega ao alcalde de Cerdedo-Cotobade e tamén deputado provincial, Jorge Cubela, do estudo do programa provincial +Renovables sobre o potencial enerxético do municipio

A planta fotovoltaica nos pavillóns de Carballedo e Tenorio xerará enerxía renovable destinada a cubrir a demanda do propio concello

A Deputación impulsa a transición cara unha xestión enerxética máis sostible de Cerdedo-Cotobade. O deputado provincial Javier Tourís fixo entrega ao alcalde de Cerdedo-Cotobade e tamén deputado provincial Jorge Cubela do estudo desenvolvido pola Oficina de Transformación Comunitaria +Renovables sobre o potencial enerxético do municipio no que respecta ás enerxías renovables.

Do estudo desenvolvido pola Deputación de Pontevedra extráense conclusións que marcan o punto de partida do Concello de Cerdedo-Cotobade cara a unha xestión enerxética máis sostible. Deste xeito, o traballo subliña que a localidade depende moito dos combustibles fósiles, polo que é preciso facer unha transición paulatina cara outras fontes enerxéticas máis sostibles. Tamén se destaca no informe a boa situación na que se atopa todo o termo municipal en relación ao potencial fotovoltaico e o potencial da enerxía xeotérmica e da eólica, que en Cerdedo-Cotobade atópase en rangos moi favorables.

Planta fotovoltaica no pavillón de Carballedo e no pavillón municipal de Tenorio

Na xuntanza, o deputado anunciou que se instalará unha planta fotovoltaica no pavillón de Carballedo e outra no pavillón municipal de Tenorio con batería de almacenamento e unha potencia de 99,99 kWp total, que xerará enerxía renovable destinada a cubrir a demanda do propio concello e destinará un mínimo do 10% desta enerxía ás persoas vulnerables residentes no entorno dos 2 km (aquelas que sexan beneficiarias do Bono Social Eléctrico).  A instalación desta planta será financiada con recursos provinciais a través de +Renovables.

Publicacións Relacionadas