HomeO SalnésCambadosA Deputación investirá 636.300 euros en once estradas provinciais de Cambados, Meaño,...

A Deputación investirá 636.300 euros en once estradas provinciais de Cambados, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo e Vilanova de Arousa

- Anuncio -spot_img

Este investimento enmárcase no acordo marco de obras de conservación de firmes na rede viaria da Deputación que ascende a máis de 4,4 millóns de euros para o conxunto da provincia

“Seguimos sumando recursos para a mellora das estradas provinciais, vías fundamentais na vertebración do noso territorio, para garantir que os 1.700 km destas infraestruturas estean en condicións axeitadas de seguridade e avanzar, así, na mellora da calidade de vida da nosa veciñanza”, subliñou o presidente

A Deputación de Pontevedra investirá 636.300 euros en once estradas provinciais de Cambados, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo e Vilanova de Arousa. Este investimento enmárcase no acordo marco de conservación de firmes na rede viaria da Deputación cuxos seis lotes acaban de ser adxudicados e ascenden a máis de 4,4 millóns de euros. “Seguimos sumando recursos para a mellora das estradas provinciais, vías fundamentais na vertebración do noso territorio, para garantir que os 1.700 km destas infraestruturas estean en condicións axeitadas de seguridade e avanzar, así, na mellora da calidade de vida da nosa veciñanza”, asegurou o presidente provincial Luis López.

En concreto, na comarca do Salnés as actuacións abranguen traballos nas estradas EP-9005 Corvillón-Tremoedo, EP-9202 Nanín-Igrexa de Bordóns, EP-9205 Sanxenxo-Meaño, EP-9203 Padriñán-A Laxe, EP-9305 Coirón-Ribadumia-Leiro, EP-9403 Santo Tomé-San Salvador, EP-9406 Galles-A Armenteira, EP-9501 Ribadumia-A Grenla, EP-9509 Os Muíños Novos-Tabueiros, EP-9701 Baión-András e na EP-9703 Vilanova de Arousa-Ponte Arnelas, onde se desenvolverán dous tipos de actuacións. Por unha banda, nalgunhas estradas levaranse a cabo traballos de fresado do firme para despois repor a capa de rodadura e, noutras, executarase unha capa de microaglomerado en frío.

As obras a realizar nestas estradas provinciais abranguen tamén escavacións, levantado de firme e/ou beirarrúas, saneos, fresados, recrecidos de pozos de rexistro, e, entre outras moitas actuacións, instalación de tubos. Ademais, en todas as actuacións nas que sexa necesario, procederase á reposición da sinalización horizontal.

Publicacións Relacionadas