HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación leva ata Ponte Caldelas este xoves o circuíto +Escénicas

A Deputación leva ata Ponte Caldelas este xoves o circuíto +Escénicas

- Anuncio -spot_img

“Testosterona”, de Malasombra, representarase ás 21:00 horas no Salón de actos do CEIP Manuel Cordo Boullosa

+Escénicas é un novo circuíto da institución provincial, que na súa segunda edición contará con 195.000 euros, cunha completa programación de teatro e danza para os concellos de menos de 20.000 habitantes

A Deputación de Pontevedra leva este xoves 6 de marzo o teatro ao concello de Ponte Caldelas cunha actividade enmarcada no circuíto +Escénicas, co que a institución provincial apoia a programación de espectáculos de teatro e danza nos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia, e cuxa segunda edición acaba de ser convocada cun orzamento de 195.000 euros fronte aos 150.000 euros da primeira. Esta función correspóndese á programación do primeiro circuíto, que chegará ata finais deste mes de marzo a un total de 49 concellos.

En Ponte Caldelas representarase “Testosterona”, da compañía Malasombra, ás 21:00 horas no Salón de actos do CEIP Manuel Cordo Boullosa. A peza aborda o proceso de decisión dun director de medios de comunicación que debe escoller un dos seus subdirectores entre un home e unha muller. Exponse unha disxuntiva sobre cal será a persoa que ocupe o cargo e, sobre todo, cales serán os principais factores que influirán na decisión. É unha fábula contemporánea cunha lectura a diferentes niveis, na que sobresae a idea de que a muller se conforma con acadar o poder que o sistema, creado polos homes, establece.

Co circuíto +Escénicas, a Deputación busca dar resposta á demanda que o sector profesional vén facendo desde fai máis de 15 anos. A cada concello corresponderalle no segundo ciclo do circuíto unha achega máxima de 3.800 euros para financiar ata cinco espectáculos, incluídos nun amplo catálogo de danza e teatro posto á súa disposición (e dispoñible no sitio web da Deputación de Pontevedra).

Publicacións Relacionadas